Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concertos didácticos do Conservatorio Elemental de Música de Verín
Concertos didácticos do Conservatorio Elemental de Música de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Maio 2013 13:27

Profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán tres concertos didácticos o luns día 3 de xuño nos que está previsto que participen como espectadores 650 alumnos de Primaria do CPR Multilingüe María Inmaculada, CEIP Amaro Refojo, CEIP de Castrelo do Val, CEIP de Oímbra, CRA Monterrei e CEIP Princesa de España.

Os concertos, que se celebrarán no salón de actos do CPR Multilingüe María Inmaculada, teñen como obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín.

O centro ofrece ensino oficial para nenos de idades comprendidas entre 8 e 14 anos nas especialidades de clarinete, guitarra, piano, saxofón, trompeta, viola e violín. E para nenos de 7 anos, o Conservatorio organiza un curso non oficial.  Os alumnos que queiran comezar estudos oficiais no próximo curso, teñen de prazo até o día 14 de xuño para se inscribir. O luns día 17 de xuño ás 18 horas celebraranse na Casa da Música as probas de acceso a 1º curso de grao elemental de música.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>