Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín, subcampión no Campionato Nacional de Clubs
O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín, subcampión no Campionato Nacional de Clubs PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2013 12:15

O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín acadou o subcampionato no Campionato Nacional de Clubs, da Confederación Nacional de Fútbol Sala, que tivo lugar este fin de semana en Torrevieja (Alacante).

O equipo verinense, representante galego tras acadar o campionato da liga nesta tempada, chegou a final tras vencer por 1 a 8 goles a formación de Transportes Manuel Ramos (Castela-León), e por 0 a 8 ao E.D. Villarrubia (Castela- A Mancha). Na final deste campionato enfrontouse ao representante andaluz Soho Málaga F.S. e o resultado foi de 5 a 8 goles, o que supuxo que o equipo verinense alcanzou o subcampionato infantil Nacional de Clubs. Neste campionato participaron un total seis equipos de fútbol sala representando as súas respectivas comunidades: Transportes Manuel Ramos (Castela-León), Akrasala F.S. (Comunidade Valenciana), EFS Fair Play (Extremadura), Soho Málaga F.S. (Andalucía), E.D. Villarrubia (Castela- A Mancha) e EDC Verín (Galicia).

O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín é o campión de Liga Galega da tempada 2012-2013. Esta formación deportiva, tras as 22 xornadas de campionato, conseguiu un total de 62 puntos, con vinte partidos gañados e dous empatados, sendo o que máis partidos venceu, seguido doutras formacións como o Ázkar Lugo F.S., C.D. Mare Nostrum F.S. ou A.D.C. Lumieira Lugo.

Por outra banda, o equipo alevín A de fútbol das EDC acadou, tamén este fin de semana, no campo de Os Carrís (Barbadás) o título da Copa Delegación, tras vencer en semifinais ao Arenteiro (4-1) e na final ao Monforte (0-6).

Os dous equipos forman parte das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, organizadas pola área de Deportes de Verín, co obxecto impulsar escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, e que están divididas nas categorías de fútbol sala (benxamín e infantil)e nas de fútbol (prebenxamín, benxamín, alevín,  infantil e cadetes). Unha iniciativa deportiva en prol da saúde e do deporte escolar na que tamén se atopan as Escolas Deportivas Municipais (Escolas Infantís Xenéricas -pequexogos, psicomotricidade, xogo e deporte- e Escolas de Especialización Deportiva -aeróbic, danza oriental, tenis, baile latino, acrosport, atletismo e natación).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>