Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dezasete finalistas para os premios da Gala do Deporte en Verín
Dezasete finalistas para os premios da Gala do Deporte en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2013 12:18

Este venres 07 de xuño, a partir das 20.45 horas, terá lugar a primeira edición da Gala do Deporte de Verín, realizada polo servizo de Deportes do Concello de Verín, na dezasete deportistas locais optan a catro dos sete premios que se entregarán na mesma, destinada a recoñecer a súa labor durante esta última tempada.


O xurado cualificador estivo conformado polos seguintes técnicos deportivos e representantes de medios de comunicación locais: José Manuel Paredes González (presidente do club de salvamento acuático de Ourense e docente no ciclo superior de TAFAD do CIFP de A Farixa en Ourense), Carlos Crespo Toral (presidente da A.D. Monterrei e docente de educación física en el CEIP Princesa de España de Verín), Javier Loureiro Díaz (fundador de CentroKorazon e membro da Comisión permanente sobre deporte e saúde do Comité de expertos do Consello Xeral de Colexios oficiais de licenciados en educación física e CAFD de España), Benjamín Estévez Zarzuelo (coordinador técnico do servizo de deportes do Concello de Verín e adestrador superior de baloncesto no CB Allariz) e Feliciano Romero Medeiros (de Cadena Cope Verín). O mesmo, e previa proposta de candidatos/as por parte dos/as veciños/as da comarca de Verín, xa seleccionou aos/ás candidatos/as aos premios de Mellor Deportista Promesa, Mellor Deportista Absoluto, Mellor Deportista Veterano, Mellor Entidade Deportiva, Patrocinio Deportivo Fomento do Deporte para Todos e Traxectoria Deportiva -ademais de accésits e Mencións-, que se repartirán durante a gala.

Os/as finalistas elixidos para cada uno dos premios son os seguintes:
- Premio ao Mellor Deportista Promesa (dirixido a todos os deportistas masculinos e femininos cuxa idade está comprendida dentro das categorías de base, ou no seu defecto, que sexa menor de idade): Miguel Salgado Pérez, José Carlos Castro Torres e Javier Baños González (fútbol-sala),  María Eugenia Lorenzo Esteban (doma clásica), e Pablo Pérez Blanco (fútbol).
- Premio ao Mellor Deportista Absoluto (dirixido a todos os deportistas cuxa idade está comprendida dentro da categoría sénior e que sexa maior de idade): José Manuel Ferreira Colmenero (wu shu), Marina González Rodríguez (duatlon) e Adrián Garrido Gago (motocross).
-  Premio ao Mellor Deportista Veterano (dirixido a todos os deportistas cuxa idade está comprendida dentro das categorías de veterano e todas as súas variantes, ou no seu defecto, que sexa maior de 35 anos): Juan Baños Fariñas, Dionisio Fernández Fernández e Javier Yañez Dos Santos
- Premio á Mellor Entidade Deportiva (dirixido a todos os colectivos deportivos en calquera do seu formato creacional: asociacións, clubs e/ou equipos, cuxos fins primordiais sexan a participación en competicións deportivas de calquera índole, a promoción de participación masiva en eventos deportivos ou a propia creación e organización de probas deportivas de recoñecido valor socio-deportivo): Asociación de Senderismo Ruta das Augas, BTT Verín e CB Xuventude Verín.

- Premio Especial ao Patrocinio Deportivo (dirixido a todas aquelas entidades privadas que colaboran, promoven, coorganizan e fomentan o desenvolvemento do tecido deportivo da comunidade), Premio Especial ao Fomento do Deporte para Todos (dirixido a aquelas persoas que colaboran, promoven, organizan, fomentan e/ou participan no desenvolvemento e crecemento do tecido deportivo da comunidade no apartado do deporte popular non federado e que non participa en competición; a premiar aquelas iniciativas que promovan o Deporte para a Saúde e o Deporte Inclusivo -deporte e actividade física adaptada para discapacitados-, en tanto que dean cabida á actividade física saudable en escolares, adultos e terceira idade) e Premio Especial á Traxectoria Deportiva (dirixido a todas aquelas persoas que presenten unha bagaxe ou historial que sexa de recoñecido valor moral, social e deportivo) serán de asignación directa e se anunciarán durante o transcurso da propia Gala do Deporte.

Durante a mesma tamén se outorgarán accésits e mencións especiais, entre as que se atopa unha homenaxe aos xogadores do Verín CF da tempada 1971-1972.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>