Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Charla-coloquio 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua' en Verín
Charla-coloquio 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2013 11:11

Na xornada de mañá, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua', protagonizada polo deportista Sebastián 'Chano' Rodríguez.

Durante esta iniciativa, presentada por Rubén Riós, o nadador paralímpico relatará a súas experiencias vitais na alta competición, que o levaron a conseguir 16 medallas paralímpicas (8 de ouro, catro de prata e outras tantas de bronce).

Do proxecto 'Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua' forman parte tres deportistas olímpicos e paralímpicos (Sofía Toro, Chano Rodríguez e Juan Antonio Saavedra), que percorren 36 concellos galegos durante este mes para relatar a súa experiencia deportiva e o emprego do galego como valor identitario do deporte. Esta iniciativa enmárcase na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) para o ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense, e tamén conta coa colaboración do Concello de Verín.

Devandita charla-coloquio está enmarcada no programa das VII Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>