Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín entrega os galardóns da primeira Gala do Deporte
Verín entrega os galardóns da primeira Gala do Deporte PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Xuño 2013 13:05

Máis de 500 persoas congregáronse no complexo deportivo de A Granxa para presenciar a primeira edición da Gala do Deporte, organizada polo servizo de Deportes do Concello de Verín, co obxecto de recoñecer a labor do deportistas locais durante a tempada 2012-2013.

“Constitúe para min un motivo de orgullo recibilos aquí e compartir con vostedes esta Gala do Deporte. Unha pequena idea que naceu fai tempo e, que paso a paso, foise convertendo nunha grande iniciativa deportiva, que envolveu a todos os deportistas do municipio, que ten o seu cénit no día de hoxe. Unha iniciativa que unirá, durante esta próxima hora e media, a deportistas de disciplinas maioritarias como fútbol, natación, baloncesto ou ciclismo; con outras menos coñecidas, pero con gran afición nesta comarca, como son doma clásica, wu shu, duatlon ou motocross. Pero non só terá lugar esta unión, senón tamén a deportistas profesionais con afeccionados, e sobre todo cos nenos e nenas que hoxe estades aquí sentados, os das nosas escolas deportivas municipais, que sodes os que xogades o papel máis importante, sendo á vez a base e futuro deportivo desta comarca e provincia”, subliñou o rexedor Juan Manuel Jiménez Morán ao inicio dunha iniciativa na que se entregaron os premios de Mellor Deportista Promesa, Mellor Deportista Absoluto, Mellor Deportista Veterano, Mellor Entidade Deportiva, Patrocinio Deportivo Fomento do Deporte para Todos e Traxectoria Deportiva, ademais de mencións especiais.

“Ademais esta Gala é un paso adiante na política deportiva e promotora da saúde que se está a realizar nos últimos anos desde o Concello de Verín, na que se impulsa a participación comunitaria, se crean ambientes favorables á saúde e se formulan actuacións que abogan pola práctica deportiva desde a infancia”, indicou o alcalde, que tamén recordou a remodelación de infraestruturas deportivas realizadas durante estes últimos anos, como a piscina climatizada ou complexo deportivo de A Granxa, e a aposta pola formación a través das escolas deportivas municipais, “unhas escolas que neste último curso estiveron conformadas por máis de 1.100 alumnos e alumnas, que participaron en disciplinas tan diversas como natación, fútbol, fútbol-sala, aerobic, tenis, acrosport ou atletismo; é dicir, que o 32% da poboación infantil censada no noso municipio forma parte das mesmas”.

Os premios que se repartiron nesta primeira edición dividíronse nas seguintes categorías:
- Mellor Deportista Promesa: Pablo Pérez Blanco, xogador do RC Celta de Vigo en categoría xuvenil (os outros finalistas foron Miguel Salgado Pérez, José Carlos Castro Torres e Javier Baños González -fútbol sala- e  María Eugenia Lorenzo Esteban -doma clásica-).
- Mellor Deportista Absoluto: José Manuel Ferreira Colmenero, actual campión de España en Wu Shu (os restantes finalistas foron Marina González Rodríguez -duatlon- e Adrián Garrido Gago -motocross-).
- Mellor Deportista Veterano: Javier Yañez Dos Santos, do club BTT Verín (os outros finalistas foron Juan Baños Fariñas -baloncesto- e Dionisio Fernández Fernández –ciclismo-).
- Mellor Entidade Deportiva: CB Xuventude de Verín (os restantes finalistas foron Asociación de Senderismo Ruta das Augas e BTT Verín)
- Premio Especial ao Patrocinio Deportivo: Augas de Cabreiroá S.A.U.
- Premio Especial ao Fomento do Deporte para Todos: María Carmen Sánchez Bargiela, directora do Centro Sociocomunitario de Verín.
- Premio Especial á Traxectoria Deportiva: Avelino Chaves Couto, ex-xogador de fútbol do Verín CF,  Real Valladolid, Granada CF e o Real Zaragoza (neste último tamén desempeñou o cargo de secretario técnico do club)

O xurado da Gala do Deporte, conformado José Manuel Paredes González (presidente do club de salvamento acuático de Ourense e docente no ciclo superior de TAFAD do CIFP de A Farixa en Ourense), Carlos Crespo Toral (presidente da A.D. Monterrei e docente de educación física en el CEIP Princesa de España de Verín), Javier Loureiro Díaz (fundador de CentroKorazon e membro da Comisión permanente sobre deporte e saúde do Comité de expertos do Consello Xeral de Colexios oficiais de licenciados en educación física e CAFD de España), Víctor Baladrón (concelleiro de Deportes de Verín) Benjamín Estévez Zarzuelo (coordinador técnico do servizo de deportes do Concello de Verín e adestrador superior de baloncesto no CB Allariz) e Feliciano Romero Medeiros (de Cadena Cope Verín), entregáronse as seguintes mencións especiais:

- Verín CF e Suso Godás, polo marketing e repercusión nos medios de comunicación, tras a confección dun calendario anual con fotografías dos xogadores do equipo de fútbol verinense.
- Verín FS, pola consecución do ascenso deportivo, no seu primeiro ano, sen perder a condición de invictos en toda a tempada de liga.
- HortoVerín SL, polo fomento e apoio ao deporte local coa participación de varios equipos en diferentes competicións locais, dotación de equipamento e doazón de produtos para actividades deportivas.
- Equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín, pola consecución do campionato de liga galego e o subcampionato no Campionato Nacional de Clubs -da Confederación Nacional de Fútbol Sala-.
- Xogadores e corpo técnico do Verín CF 1971-72, pola súa condición de equipo lexendario.

A Gala do Deporte, na que participaron representantes políticos da comarca, integrantes de  asociacións e clubs de portivos; así como familiares dos galardoados, finalistas e nenos!as das escolas deportivas municipais, estivo amenizada polas nenas das escolas de acrosport, membros do Centro Sociocomunitario de Verín e unha exhibición de antipodismo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>