Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os alumnos do obradoiro de emprego de Verín e Vilardevós recuperan o 'Camiño dos Carros'
Os alumnos do obradoiro de emprego de Verín e Vilardevós recuperan o 'Camiño dos Carros' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Xuño 2013 13:07

Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, reuníronse esta mañá co delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co obxecto de coñecer as actuacións realizadas, nos últimos seis meses, polos 26 alumnos/as do obradoiro de emprego 'Pozo do Demo'.

Este obradoiro, concedido aos concellos de Verín e Vilardevós, estivo destinado a formación de 26 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, carpintería e axuda a domicilio.

No módulo de axuda a domicilio participaron un total de 8 alumnos/as, que ademais de recibir clases teóricas nos distintos ámbitos de axuda a domicilio, realizaron prácticas na Residencia de Anciáns Santa María e en domicilios das persoas demandantes deste servizo nos dous municipios. Con respecto aos módulos de xardinería e carpintería, destinados a 18 alumnos/as respectivamente, o obxectivo dos mesmos foi a recuperación do 'Camiño de Carros', unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), e que antes de comezar o obradoiro atopábase desaparecido nalgúns tramos polo crecemento da vexetación.

En devandito camiño, no que perduran as rodeiras que os carros foron labrando nas rocas do lugar como se trataran de petroglifos, está situado no contorno natural do Pozo do Demo -un lugar de atractivo paisaxístico na zona-, e no mesmo realizáronse as seguintes actuacións: limpeza, desbroce e retirada de escombro e broza, regularización e estabilización de pavimentos, implantación de sinalética no mesmo -e mesas interpretativas da fauna, flora e historia do lugar-; colocación de valado de madeira, escaleiras ou pasos de madeira tratada naquelas zonas nas que existan fortes desniveis podendo así aportar seguridade aos/ás sendeiristas, execución e colocación de bancos de madeira e tratada nas zonas de lecer destinadas a miradoiros

Todo co obxecto de recuperar este camiño como unha ruta de sendeirismo que, ademais de completar outras rutas existentes ao redor, servirá de lanzadeira para recobrar e potenciar o interese paisaxístico, histórico e cultural que o ámbito contén grazas a elementos como diversos castros que perduran na zona ou ao Pozo do Demo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>