Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Incrementa o número de peregrinos e visitantes na Oficina de Turismo e Albergue de Verín
Incrementa o número de peregrinos e visitantes na Oficina de Turismo e Albergue de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Xuño 2013 13:09

A Oficina de Turismo de Verín, situada na Casa do Escudo, atendeu nestes primeiros meses do ano a un total de 1.476 persoas, o que supón 300 persoas máis que no mesmo período no 2012. Un incremento que se reflicte tamén no número dos visitantes de excursións programadas ao territorio da Eurocidade Chaves-Verín, e que neste 2013 se sitúa en 570 persoas dun total de 14 excursións procedentes de Valladolid, Cidade Real, Madrid, Lugo, Pontevedra ou A Coruña.

Débese resaltar a grande aceptación entre os visitantes da información turística ofertada na oficina verinense, en especial, da guía turística da Eurocidade que está conformada por información práctica sobre o patrimonio histórico, arqueolóxico, natural e gastronómico dos dous municipios, así como, museos etnográficos, balnearios, centros turísticos, festivais e rutas de lecer que reflicten unha estratexia da complementariedade de Chaves e Verín co obxecto de deseñar un destino turístico único.

Por outra banda, cada día cobra máis importancia as diferentes variantes do Camiño de Santiago que atravesan o municipio, que  ademais de ser un produto turístico en si mesmo, atrae cada vez a maior número de turistas estranxeiros que buscan nesta ruta de peregrinación outro modo de facer turismo e coñecer o territorio. A apertura do Camiño Interior Portugués levou consigo un progresivo incremento de peregrinos e visitantes procedente las localidades lusas de Chaves, Viseu, Vila Real, Braga ou Porto; que acoden ao albergue de peregrinos de Verín tanto para pernoctar como para solicitar información do camiño, que en Verín se une ao sudeste Vía da Prata. No que vai de ano xa se superaron as cifras de afluencia do 2012, por estas data no ano anterior se atenderan un total de 168 persoas entre selados e pernoctacións, e nestes meses do 2013 a cifra sitúase en 378, dos que 192 pernoctaron no albergue verinense -neste mes de xuño máis de 80 peregrinos pasaron polo albergue, e 36 deles pernoctaron nas instalacións verinenses-.

Tamén tivo lugar un incremento no porcentaxe de estranxeiros con respecto ao 2012, o que supón unha progresiva internacionalización desta vía de peregrinación, por exemplo, no pasado mes de maio un 75% dos peregrinos eran estranxeiros (Portugal, Holanda, Francia, Bélxica, Italia, Finlandia, Austria, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Brasil ou Xapón), e o 61% deles elixiu a bicicleta como medio de transporte a hora de realizar o mesmo. Unha significativa cifra na que non se pode esquecer aos peregrinos nacionais, que proceden de todas as comunidades autónomas (en especial de País Vasco, Castela-León e Galicia).

A Casa do Escudo de Verín está conformada por dúas amplas salas de exposicións temporais, oficina de información turística (o seu horario de apertura é de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas), e albergue de peregrinos. Entre os servizos que oferta o albergue de peregrinos de Verín, cunha capacidade de 26 prazas, están: información de todos os camiños de Santiago, selado de credenciais, aparcadoiro para bicicletas, baño con auga quente e acceso para discapacitados, funda hixiénica para colchón e almofada, dispoñibilidade de entrada desde ás 10 a 21.45 horas e apertura todos os días do ano (o prezo é de 6 euros por noite e persoa, desde o 1 de maio de 2013).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>