Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Curso 'Comercialización on line no sector turístico' do PCT Puertas de Galicia
Curso 'Comercialización on line no sector turístico' do PCT Puertas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Xuño 2013 12:29

O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, a través do proxecto “Plan de eficiencia comercializadora do destino”, programa o curso 'Comercialización on line no sector turístico', destinado as profesionais do turismo nas comarcas de Verín e Conso-Frieiras.

Esta actividade formativa ten por obxecto aportar aos profesionais da hostalería e turismo unha visión global do perfil das novas canles de comercialización e promoción turística xurdidos grazas á web social e poñerlles en disposición de poder elaborar e controlar unha estratexia de marketing on line coherente e acorde cos obxectivos do seu establecemento ou empresa. Por este motivo, centrarase na transmisión das principais fontes de obtención de tráfico e xeración de fidelización de clientes, principais métricas a ter en conta no cadro de mando da organización para valorar o rendemento das campañas de marketing on line, exploración de novas posibilidades de comercialización (ben directa ou indirectamente), principais factores de éxito en cada ferramenta de marketing on line e optimizar unha web dun establecemento turístico para potenciar a reserva directa sen intermediación.

Devandito curso, de 10.5 horas de duración, terá lugar os días 27 de xuño, 4 e 5 de xullo (de 17 a 20.30 horas) na Casa da Xuventude de Verín (Avda. De Portugal, 11 bis). O mesmo e de carácter gratuíto e para participar nel é necesario inscribirse no teléfono 986-447194. Estará impartido polo docente José Alcañiz, xerente da central de reservas on line Buscadestinos.com e de Esterea, empresa consultora en servizos de marketing on line e desenvolvemento web a empresas (Bachelor of Science in Ecomnomics pola Universidade de Buckingham -Reino Unido, 1997, e MBA pola Escola de Negocios Caixanova).

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>