'Festa Hawaiana' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Venres, 14 Xuño 2013 10:31 |
O venres 21 de xuño, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Festa Hawaiana’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular nas 41 actividades de fomento á lectura organizadas por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2012-2013. Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín.
A iniciativa 'Festa Hawaiana' é unha gymkana conformada por distintas probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall
|