Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Dramático: Yin' na Casa da Cultura de Verín
'Dramático: Yin' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Xuño 2013 10:35

Na xornada de mañá sábado, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a representación do espectáculo 'Dramático: Yin', organizado por Nekane Fernández e compañía, e coa colaboración do Concello de Verín.

'Dramático: Yin' é un espectáculo de cantos e contos que falan sobre a aceptación do feminino, esa parte tenra e sabia que todas e todos levamos dentro. Contos que transmiten que a liña que separa o masculino do feminino se dilúe entendendo que os seres humanos levamos as dúas partes e que a negación dunha delas traerá desequilibrios. Trátase de contos que din BASTA!! á dominación masculina e que reformulan o papel que tiveron que xogar as mulleres nos contos durante séculos. Contos que din SI a autorrealización, á poesía e ao instante disfrutado dende o máis profundo de un mesmo.

Os contos que se representarán son: “O pano do Sultán” (tradicional marroquí), “Llovió de noche” (de Galeano), “O Principiño e o Raposo” (Saint-Exupéry), “A Cincenta que non quería comer perdices” (Nunila Pérez e Miriam Camerós), “A mai” (Fragmento de “As uvas da ira” de Steinbeck) e “Historia de Vampiros” (de Benedetti).

A entrada ten un prezo de 5 euros. O reparto está conformado por Nekane Fernández e Invitad@. Mirada externa: José Campanari. Nekane Fernández tivo con Caperucitoloxía (2003) dúas nominacións aos premios de Teatro María Casares, ten traballado como actriz principal en diversas series da TVG como Rías Baixas ou telefilmes como Entre Bateas, polo que estivo nominada á mellor actriz nos premios Mestre Mateo.  


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>