Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Adecuación da Casa da Xuventude como sala de exposicións e oficina de turismo
Adecuación da Casa da Xuventude como sala de exposicións e oficina de turismo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Xuño 2013 13:29

O Concello de Verín e Axencia Turismo de Galicia subscribirán un convenio de colaboración, autorizado mediante un proxecto de acordo aprobado no último Consello da Xunta, para a  execución  das obras de  adecuación  da  Casa da  Xuventude para  a súa utilización como sala de exposicións e oficina  de turismo.


En virtude   do  convenio,   Turismo   de    Galicia   financiará   os  custos  derivados   da elaboración do  proxecto básico e  de  execución, así  como da  execución da  obra, que supoñen 240.000  euros. O  obxectivo  da   adecuación  é  facilitar  e  dar   a  coñecer  os recursos turísticos da zona  tanto na súa vertente cultural e etnográfica como turística.

Na actualidade, tanto a  sala de  exposicións como a  Oficina  de  Turismo de  Verín  están situadas  na   Casa  do   Escudo  da   mesma  localidade,  dedicada  tamén  a  albergue  de peregrinos.  Co  obxecto de  destinar  exclusivamente  a  albergue  a  Casa  do  Escudo  e ampliar  as instalacións destinadas a el, acometeranse obras na  Casa da  Xuventude que permitirán habilitar os dous novos espazos.
   
De tal xeito, as actuacións que  se acometerán na  Casa da  Xuventude serán a  reforma parcial   dunha edificación  existente,  mantendo os usos xerais  dela,  para  albergar  unha sala de  exposicións  e  mais a  oficina   de  turismo do  municipio. Así, levarase a  cabo a reestruturación interior do espazo existente para  adaptalo ás novas necesidades.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>