Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín finaliza a construción do centro social e praza do Forno en Vilamaior
O Concello de Verín finaliza a construción do centro social e praza do Forno en Vilamaior PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Xuño 2013 13:37

Nestas últimas xornadas, o Concello de Verín finalizou as obras de construción do centro social e adecuación do contorno da praza do Forno na localidade de Vilamaior.

“Este grupo de goberno decidiu dotar a todas as 17 localidades de Verín de centros sociais como espazos dinamizadores da vida social e cultural, co fin de revitalizar un contorno deteriorado, localizar a súa poboación e que tiveran uns servizos similares en canto a lugares de reunión e lecer con respecto á capitalidade, e se hai uns meses finalizamos o centro social de Salgueiro-Caldeliñas, nesta semana concluíuse o de Vilamaior”, indicou o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.

O centro social de Vilamaior cunha superficie total de 120,26 metros cadrados é unha edificación de planta baixa situada na praza do Forno da localidade, conformada por almacén, sala de reunións, vestíbulo, aseos e soportal; que está integrado nun contorno de edificacións de construción tradicional e se configurou coma un elemento estratéxico nesta praza. “Realizouse en colaboración cos veciños de Vilamaior, ao lado dun antigo forno que fora rehabilitado coa primeira escola-obradoiro que tivemos neste Concello no ano 1995 e 1996”, subliñou o alcalde, “e ao mesmo tempo recuperouse esta praza, tras sacar unhas vivendas derruídas que foron adquiridas polo pobo, e un antigo pozo que estaba tapado nesta praza”.

As remodelacións efectuadas nesta praza son a pavimentación da mesma con formigón impreso de color ocre similar ás tonalidades das construcións do contorno, delimitación da zona peonil respecto á de tráfico rodado mediante unha liña de pavimento de pedra granítica, dotación de mobiliario urbano (farois, bancos e papeleiras), instalación de equipamento de xogos infantís dotado cunha valla de seguridade e instalación dunha fonte. “O custo ascende a uns 158.000 euros, a cargo do Concello e os veciño, e só queda por instalarlle unha especie de grella externa na praza, xa que neste espazo é onde se celebra a festa principal da localidade que será o vindeiro 25 de xullo”, recordou, “agora só nos queda chegar a un acordo cos veciños de A Rasela para facer un centro social e remodelar o de Ábedes, e deste modo quedarán rematados os espazos sociais e culturais neste concello”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>