Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas David A. Sola, vencedor do concurso 'Susa Herrera' da Biblioteca de Verín
David A. Sola, vencedor do concurso 'Susa Herrera' da Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xuño 2013 12:31

A Biblioteca Pública Municipal de Verín promoveu o concurso de debuxo 'Susa Herrera' entre menores socios/as desta instalación cultural, no que o vencedor do mesmo foi o menor David A. Sola, de seis anos de idade, polo seu debuxo sobre o libro 'En Cabárceno se oye cantar'.

O debuxo gañador deste concurso foi elixido pola propia Susa Herrera Ruiz, pedagoga, docente e compositora que realizou varios cantacontos na biblioteca verinense, acompañada da profesora e artista Merchy Rozas. No último destes cantacontos, realizado o pasado mes de xaneiro, os 50 menores asistentes tiveron que realizar un debuxo dos animais que aparecen no último libro CD desta autora, 'En Cabárceno se oye cantar' -un álbum ilustrado, publicado por Montañas de Papel Ediciones, que incorpora un CD e DVD coas 10 cancións que compoñen o libro e que teñen a 10 animais do Parque da Natureza de Cabárceno como protagonista-. Entre todos os debuxos de animais realizados, Susa Herrera seleccionou o vencedor que recaeu en David A. Sola.

Sara Herrera Ruiz, que coñeceu o programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura da Biblioteca de Verín no marco da entrega do galardón como Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 -concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-, é na actualidade docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, como profesora titular da área didáctica da expresión musical. Ademais, da súa experiencia docente en todos os niveis educativos desde 1982, Herrera Ruiz impartiu máis de 200 cursos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversas Comunidades Autónomas de España, e tamén  en países de Latinoamérica.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>