Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cinco cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Cinco cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Xullo 2013 11:59

Durante este mes de xullo a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará cinco novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.


Os cursos que terán lugar son: correo web (Gmail), redes sociais (Facebook), internet e iniciación á informática. Os mesmos serven de continuación aos outros cincuenta e sete impartidos durante os primeiros seis meses do ano, que foron procura de información na Internet, correo electrónico, ferramenta na nube, redes sociais (Facebook, Twitter), DNI-e e certificados electrónicos, administración electrónica, opera co teu banco, o catastro e o sixpac, compras seguras, creando as nosas presentacións (Impress), folla de cálculo, escribindo documentos (procesador de textos), seguridade informática, Skype-Comunicación en tempo real, retoque fotográfico (GIMP), creación de blogs, busca de emprego en Internet, elabora o teu currículum vitae ou crear catálogos de produtos en liña (ISSU), entre outros.

Por outra banda, durante os meses de xullo e agosto, na aula Multimedia de Verín impartiranse actividades relacionadas coas novas tecnoloxías para os/as menores participantes na Ludoteca 2013 “Convive en Igualdade”. Unha iniciativa que complementa os obradoiros de lectura, contacontos, xogos cooperativos, piscina ou cine infantil realizados durante estes meses para os/as nenos/as da Ludoteca de Verán.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo






 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>