Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O PCT Puertas de Galicia presenta o seu proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas'
O PCT Puertas de Galicia presenta o seu proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Xullo 2013 12:53

O presidente da Asociación de Municipios de las comarcas de Verín e Conso-Frieiras e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de Adapta, Juan Carlos Somoza Miguéns, presentaron esta mañá o proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia', unha iniciativa destinada a potenciar a oferta enogastronómica das comarcas de Verín e Conso-Frieiras como atractivo turísticos da zona ao longo de todo o ano.


O obxectivo do proxecto é contar cunha rede de establecementos co selo promocional Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia ao longo do territorio. “Debe servir para crear sinerxías entre dous dos sectores económicos da zona, o sector agroalimentario e o sector hostaleiro, utilizando a gastronomía como valor común”, subliñou Jiménez Morán, xa que “a gastronomía ten demostrado ser unha arma moi potente, tanto para maximizar o valor de diferentes produtos agroalimentarios, coma para construír un incentivo turístico adicional moi interesante”.

Este proxecto, ao que xa se adheriron 27 establecementos das comarcas de Verín e Conso-Frieiras, iníciase cunha fase de captación de participantes e as seguintes accións: prospección e desenvolvemento de documentación sobre produtos agroalimentarios da zona e ou seu uso na gastronomía, formación do sector hostaleiro para o desenvolvemento de actividades gastronómicas vinculadas aos produtos agroalimentarios da zona e para a súa utilización como ferramenta promocional; e elaboración de materiais publipromocionais baixo o título de 'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia', que sirvan de apoio ás actividades gastronómicas realizadas polos hostaleiros e axuden a dar unidade a estas e a construír o destino gastronómico Puertas de Galicia. Por este motivo, neste proxecto traballarase na seguinte metodoloxía: xornadas formativas (formación -dotar de coñecementos e ferramentas-, obradoiros -traballo en equipo mediante a realización de obradoiros de verán, outono, inverno e primavera- e asesoría -achegamento á realidade da empresa-) e visitas individuais de asesoramento (realizaranse visitas ao centro de traballo para apoiar cada participante na posta en marcha da oferta gastronómica e/ou as actividades que teñan previstas)-

No proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia' poden participar establecementos de hostalería, aloxamentos que teñan o servizo de A&B, adegas da denominación de orixe Monterrei, comercios turísticos que ofrezan produtos gastronómicos locais e produtores agroalimentarios que ofrezan visitas ou teñan venda directa. Para adherirse ao proxecto, ademais de pertencer aos sectores anteriores, débese cumprimentar unha solicitude de inscrición (que inclúa nome e apelidos, nome de establecemento/empresa, enderezo completo, teléfono de contacto, correo electrónico de contacto) e remitirse ao fax 981 576 277 ou correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Devandito proxecto amosarase ao público a través dun microsite propio aloxado na web de Portas de Galicia, edición dun folleto promocional para cada estación do ano, edición do libro  'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia' (sobre os produtos e gastronomía da zona, onde se incluirá un listado dos establecementos participantes); ademais cada establecemento recibirá un emblema identificador, un cartel para cada estación do ano e unha portada alusiva a cada estación para presentar os menús/cartas nos restaurantes e tabernas.

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>