Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O PCT Puertas de Galicia renova a súa páxina web e as APPs de dispositivos móbiles
O PCT Puertas de Galicia renova a súa páxina web e as APPs de dispositivos móbiles PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Xullo 2013 13:28

O Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, co obxecto de aproximar a información das comarcas de Verín e Conso-Frieiras a todos os/as veciños/as e visitantes, acaba de lanzar a renovación da súa páxina web e as APPs para dispositivos móbiles de IOS e Android.


Estas APPs, xa dispoñibles e gratuítas, pódense descargar en http://bit.ly/11FBXKF (APP para Iphone) ou http://bit.ly/14ZPDwZ (APP para Android) e a nova web pódese visitar en http://www.puertasdegalicia.com (se articula en torno aos apartados de plan, municipios, noticias, establecementos, que ver, que facer, gastronomía, axenda e contacto).

Por outra banda, xa se iniciaron as actuacións previstas para o proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia', unha iniciativa destinada a potenciar a oferta enogastronómica das comarcas de Verín e Conso-Frieiras como atractivo turísticos da zona ao longo de todo o ano. O Parador de Verín foi o lugar escollido para iniciar a tempada de verán, e nel se reuniron máis de 25 empresarios do sector hostaleiro e da restauración. Na primeira sesión, a formación articulouse en aspectos como consecución de clientes satisfeitos, preparación de actividades, preparación da nosa propia oferta e desenvolvemento promocional deste proxecto. Tras a clase teórica tivo lugar a parte práctica na que se realizaron varios pratos con produtos das comarcas Verín e Conso-Frieiras como: Milfollas de verduras, Tempura de verduras, Tartar de xurelo con tomates e aguacate, Tosta de Pementos con sardiñas e amorodos, Bonito vermello con verduras, Paillot de pescada, Cabrito de Vilariño con pataca confeitada, Hamburguesa ecolóxica con queixo azul e amorodos ao viño arauxa con xeado de vainilla e souffle de castaña con xarope de toffee. Esta sesión se repetirán na localidade de A Gudiña, co fin de atraer a un número maior de persoas interesadas na zona de Conso-Frieiras, e así lograr que máis empresarios do sector hostaleiro e da restauración se adhiran ao proxecto 'Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia',

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>