Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Vinte e dous participantes no 'Obradoiro de graduado e corresponsabilidade' organizado polo Concello de Verín
Vinte e dous participantes no 'Obradoiro de graduado e corresponsabilidade' organizado polo Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Xullo 2013 15:33

O 'Obradoiro de graduado e corresponsabilidade', enmarcado no programa de redución de abandono escolar e organizado polo departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, xa conta con 22 persoas inscritas, que recibirán durante estes meses de verán a formación educativa necesaria para poder presentarse á proba para maiores de 18 anos, que se celebrará o 12 de setembro no ESA (Educación Secundaria Adultos) en Ourense.

Algunhas das persoas participantes neste proxecto xa foron á convocatoria de maio, e estivéronse formándose durante todo o ano nos cursos programados na Casa da Xuventude de Verín, e agora poden repetir esta oportunidade co obxecto de obter o título de ESO. Se dividirán en dous grupos, que comezarán as clases o 22 de xullo, previa reunión que será convocada polo departamento de Educación Familiar.

O 'Obradoiro de graduado e corresponsabilidade', é unha actividade que, de maneira dinámica e con axuda de profesionais, está dirixida aos/as mozos/as que non teñen o título da ESO e coa mesma podan prepararse para acudir á convocatoria libre das probas no mes de setembro, tendo unha oportunidade única de obter este título, que lles axudará na súa vida, tanto para seguirse formando coma para o acceso ao mundo laboral. Os contidos deste obradoiro aséntanse en fomentar a autoorganización do traballo, educación positiva, convivencia cultural, empatía, constancia e demais conceptos específicos das materias que se están traballando para acadar o graduado.

Con todo, non se trata do único proxecto desenvolvido nestes meses, xa que tamén terá lugar o 'Curso en tecnoloxías da información e da comunicación', que ao igual que o  'Obradoiro de graduado e corresponsabilidade' teñen por obxecto o cumprimento da escolaridade obrigatoria, participación en programas destinados á infancia e mocidade, formación de persoas activas e desempregadas, e axuda na formación das persoas que non obtiveron titulación e que hoxe necesitan para o desenrolo do seu currículo. No caso do 'Curso en tecnoloxías da información e da comunicación', trátase dun programa experimental pioneiro que busca reenganchar aos/ás mozos/as que non remataron os estudos básicos, podendo así, de maneira intensiva e personalizada, obter a axuda requirida para seguir no mundo educativo. A titulación expedida polo Concello de Verín terá a posibilidade de ser homologada coma unha cualificación profesional de nivel 1, no Catálogo nacional de cualificación profesionais (PCPI-FP), obtendo así un titulo de ensinanza regrada. Con este fin, os contidos serán os que dispoña a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e os obxectivos consistirán en cursar parte do PCPI de Informática, en concreto os módulos de “Tecnoloxías da Información e da Comunicación” e de “Realización de Operacións Auxiliares con Tecnoloxías”, que serán acompañados, máis adiante, por un módulo de “Formación en Centros de Traballo”(con prácticas no Concello de Verín.). 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>