Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entrega dos diplomas dos cursos da aula CeMIT de Verín
Entrega dos diplomas dos cursos da aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Xullo 2013 10:01

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou os diplomas dos 50 cursos formativos impartidos pola aula CeMIT de Verín, durante o segundo trimestre de 2013, nos que participaron un total 481 persoas de todo o municipio.

A longo deste trimestre a aula Multimedia do Concello de Verín, no que tamén se impartiron seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, ofertou accións formativas en: iniciación á informática, procura de información na Internet, correo electrónico, ferramenta na nube, escribindo documentos (procesador de textos), correo web (Gmail), redes sociais (Facebook, Twitter), DNI-e e certificados electrónicos, administración electrónica, opera co teu banco, o catastro e o sixpac, compras seguras, creando as nosas presentacións (Impress), folla de cálculo, escribindo documentos (procesador de textos), crear catálogos de produtos en liña (ISSU)  e seguridade informática. Esta aula CeMIT do Concello de Verín comezou a impartir distintos cursos de alfabetización informática no ano 2011, co obxecto de ser un vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das tecnoloxías da información e comunicación de cara a fomentar a empregabilidade, competitividade empresarial, inclusión, benestar e o empuxe da Administración.

No segundo trimestre do ano realizáronse 67 novas altas nestes cursos, 38 de las correspondentes a mulleres e 29 a homes. Unha relevante cifra de altas, xa que desde o 1 de xaneiro do 2011 ata finais do mes de marzo a cifra total foi de 368. A maioría dos/as novos/as alumnos/as teñen idades que oscilan entre os 41 e 65 anos (cun 70,15%), maiores de 65 (5,97%) e entre 26 e 40 anos (17,91%). Con respecto á formación previa o 46,27% de novos/as usuarios/as non ten coñecementos informático, o 16,42% só posúen un nivel básico e o 28,36% nivel de usuario. Mentres que o grado de coñecemento do servizo aséntase fundamentalmente a través do axente TIC da propia aula CeMIT (cun 61,19%), asociacións, Concello de Verín e medios de comunicación.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>