Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Eduardo Atanes Álvarez presenta 'O sentir dos adentros' na Casa da Cultura
Eduardo Atanes Álvarez presenta 'O sentir dos adentros' na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Agosto 2013 12:12

Eduardo Atanes Álvarez, poeta natural de Penaverde (Cualedro) residente en Verín desde o ano 1999, presenta mañá 2 de agosto, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Verín o libro O sentir dos adentros.

No acto de presentación está previsto que compartan escenario co autor a delegada municipal de Cultura e Educación do Concello de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, e o ex-conselleiro de Medio Rural, Castor Gago Álvarez, que falará do libro desde a súa perspectiva de lector e de coñecedor do entorno do poeta.

Eduardo Atanes Álvarez publicou o seu primeiro libro, Poemas dunha alma, dunha vida e dun corazón, como edición de autor, en maio do ano pasado. Dese texto intimista vendeu, a través do boca a boca, a tirada completa da edición de 350 exemplares (o texto que se vai presentar agora publicouno a editorial madrileña Liber Factory e recolle en 88 páxinas 78 poemas).

Eduardo Atanes Álvarez sufriu unha lesión medular hai 23 anos, nun mergullo desafortunado na praia viguesa de Samil. O accidente levouno, cando tiña 18 anos recen cumpridos, a ter que vivir nunha cadeira de rodas, truncándose as aspiracións dun mozo independente e deportista. Hai agora tres anos, a morte de seu pai foi o revulsivo que o levou a práctica diaria da creación escrita. Os versos de Eduardo Atanes transmiten os sentimentos dunha persoa que se define como autodidacta no ámbito literario e que busca a felicidade dentro das súas limitacións físicas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>