Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia
Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Setembro 2013 08:44

Desde a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia.


A Consellería de Educación convoca bolsas ou axudas para os alumnos que cursen ensinanzas universitarias adaptadas ao EEES, conducentes aos títulos oficiais de grao ou ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
Modalidades de axuda:
A) Axuda de matrícula: para o alumnado de primeiro curso que inicia estudos universitarios e que posúa unha nota media de acceso á universidade inferior a 5,5 puntos e para o alumnado bolseiro do MECD ou da Consellería nos dous cursos académicos anteriores que continúen estudos universitarios, a axuda consistirá no importe dos prezos públicos oficiais por matrícula, para o curso 2013/14, que teña que ser aboado polo beneficiario.

B) Contía fixa: para o alumnado que inicie estudos universitarios e que posúa unha nota media de acceso á universidade de entre 5,5 puntos e 6,49 puntos a axuda consistirá nunha contía fixa de 600 €.
Requisitos académicos:
Para o alumnado de primeiro curso que inicia estudos universitarios e que posúa unha nota media de acceso á universidade inferior a 5,5 puntos:
– Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,50 puntos.
– Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2013/14, dun mínimo de 60 créditos.
– Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita axuda.
– Que a renda familiar non supere o limiar 2 de renda
Para o alumno de segundo e posteriores cursos:
– Ter sido bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte nos cursos anteriores 2011/12 ou 2012/13, ou recibir a axuda de matrícula da Consellería no curso 2012/13.

– Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2013/14, dun mínimo de 60 créditos, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá estar matriculado de 45 créditos, como mínimo.
– Non reunir os requisitos académicos esixidos pola convocatoria de bolsas e axudas ao estudo do MECD, para o curso 2013/14, para que lle sexa concedida a bolsa.
– Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita axuda.
– Que a renda familiar non supere o limiar 2 de renda.
– Ter superado o 60 % dos créditos matriculados no curso anterior tratándose de estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura) ou o 80 % dos créditos matriculados no curso anterior se se trata de ensinanzas das ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas.
– Non ter superado no curso anterior a seguinte porcentaxe de créditos: 65 % na rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura) ou o 90 % nas ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
Requisitos de carácter económico:
A) Limiar de renda familiar 1. Para ter dereito á contía fixa da modalidade B):
Familias de 1 membro: 3.962,00 euros.
Familias de 2 membros: 7.646,00 euros.
Familias de 3 membros: 11.143,00 euros.
Familias de 4 membros: 14.613,00 euros.
Familias de 5 membros: 18.076,00 euros.
Familias de 6 membros: 21.463,00 euros.
Familias de 7 membros: 24.773,00 euros.
Familias de 8 membros: 28.009,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.235,00 euros por cada novo membro computable da familia.
B) Limiar de renda familiar 2. Para ter dereito ao compoñente de matrícula da modalidade A):
Familias de 1 membro: 13.236,00 euros.
Familias de 2 membros: 22.594,00 euros.
Familias de 3 membros: 30.668,00 euros.
Familias de 4 membros: 36.421,00 euros.
Familias de 5 membros: 40.708,00 euros.
Familias de 6 membros: 43.945,00 euros.
Familias de 7 membros: 47.146,00 euros.
Familias de 8 membros: 50.333,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.181,00 euros por cada novo membro computable da familia.
O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 28 de outubro de 2013. Máis información no DOG do 27 de setembro de 2013 e en http://sede.xunta.es co procedemento ED441C

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>