Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentacións literarias na Biblioteca de Verín
Presentacións literarias na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Outubro 2013 12:12

Nas vindeiras semanas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá dúas actividades de presentacións literarias a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Luís Manuel García Mañá.

A primeira das actividades terá lugar o vindeiro 10 de outubro será o actuación-encontro “Poemas de amor para tempos difíciles” co verinense Xosé Carlos Caneiro. Nesta actividade o escritor dará unha clase maxistral de como recitar poesía e declamará os poemas de amor deste libro, ademais os/as asistentes poderán facer preguntas sobre esta e outras obras de Caneiro. Esta actividade está enmarcada dentro do programa de dinamización de lectura 'Ler conta moito', organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a  Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.  Devandito programa ten por obxecto fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer, fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade, promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

A segunda delas será un relatorio de Luís Manuel García Mañá sobre o territorio do Couto Mixto. Será o próximo 18 de outubro, e durante o mesmo García Mañá presentará a través do libro “Couto mixto. Unha república esquecida”, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político -administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Nesta obra, asentándose nunha ampla documentación, explica aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio, reflexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto, amosa os privilexios dos habitantes do Couto e finaliza con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>