Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Curso de Arte Románico' en Verín
'Curso de Arte Románico' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Outubro 2013 10:59

O vindeiro 31 de outubro iniciarase o 'Curso de Arte Románico', que conta coa colaboración do Concello de Verín, e será impartido pola investigadora Nuria Álvarez Font.

O mesmo, que terá lugar todos os xoves de 18 a 19.30 horas, está destinado a persoas con inquietudes culturais pero sen ningún coñecemento previo no mundo da arte. O 'Curso de Arte Románico' impartirase no salón de actos da Casa da Cultura de Verín e durante o mesmo amosaranse as directrices xerais do arte románico (orixes, definición dun novo concepto ou estilos), e en especial do románico galego.  

Este curso correrá a cargo de Nuria Álvarez Font, con formación académica e experiencia laboral neste eido artístico e que xa impartiu, o pasado mes de maio, a actividade formativa 'Viaxa no tempo e descubre o Barroco' na  Biblioteca Pública Municipal de Verín´.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 607-427356. O prezo é de 10 euros ao mes, e tamén inclúe a realización de excursións para coñecer patrimonio histórico do románico na comarca de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>