Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Festa solidaria de Pro Animais Verín bate récords.
A Festa solidaria de Pro Animais Verín bate récords. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Agosto 2019 12:34

O pasado 17 de agosto, na Praia Fluvial de Verín, celebrouse a xa popular Festa Solidaria de Pro Animais Verín, unha xornada organizada coa colaboración do Concello de Verin na procura de fondos para a asociación animalista.


A festa comezaba ás 10.00 horas, coa apertura do bar ao pé do río, pero sería a partir das 16.00 horas cando comezaría a animación coa discomóbil, os inchables para os cativos, as actuacións de artistas locais e os desfiles caninos tanto de animais xa adoptados como de animais na procura de familia.

Ademais, ao longo da tarde fixéronse diversos sorteos nos que se repartiron máis de 100 regalos doados por particulares e comerciantes da zona. Entre os obsequios incluíanse cenas, viños, prendas de roupa e incluso unha videoconsola.

Nieves Gascón, responsable de Pro animais Verín, destacaba a súa alegría tras esta edición, xa que “aumentou notoriamente a participación. Notouse tanto na asistencia como nas doazóns que se realizaron”. Ademais, destacou que “algúns dos animais que desfilaron no desfile canino conseguiron espertar o interese dos asistentes e xa se iniciaron conversas para a súa posible adopción”.

Pola súa banda, Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medioambiente quixo agredecer a asociación “a impagable labor” que realiza na comarca devandita asociación en pro da defensa dos dereitos dos animais. “Desde o Concello somos conscientes do importante papel de Pro Animais Verín na nosa contorna, polo que sempre poderán contar co apoio do grupo de goberno na organización deste tipo de iniciativas”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>