Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a terceira edición do Festival Urbano Extruga Street.
Verín acolle a terceira edición do Festival Urbano Extruga Street. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Agosto 2019 11:36

A Asociación Cultural LongoDub e o Concello de Verín presentaron hoxe, 27 de agosto, a terceira edición do festival Estruga Street, un evento de carácter urbano que engloba música, arte e deporte e que terá lugar os días 30 e 31 de agosto en Verín. Así o confirmaron está mañá na casa consistorial verinesa Diego Lourenzo, tenente alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Antonio Álvarez e Iris Justo, organizadores do evento.

O obxectivo principal do evento é divulgar as alternativas deportivas, artísticas e laborais propias da cultura urbana, á vez que se involucra aos veciños no que é o primeiro festival urbano da comarca. A organización do Extruga Street considera esta difusión imprescindible para restaurar unha visión positiva desta cultura, tan chea de riqueza como de prexuízos.

Pola súa banda, Diego Lourenzo, concelleiro de Mocidade de Verín, quixo destacar “a importancia deste tipo de iniciativas que non solo convida aos asistentes a ser espectadores, se non que os anima a participar e aprender. Ademais, convertese nunha plataforma ideal para dar visibilidade ao talento local, algo moi importante para o seu crecemento”.

Entre as diferentes actividades que se levarán acabo podemos diferenciar varias liñas:

- Concertos: Destaca a actuación da artista de orixe alemá Sara Lugo, quen chega por primeira vez a terras galegas como un dos principais atractivos deste festival. Ademais, durante os dous días do Extruga Street, os asistentes poderán gozar, de xeito totalmente gratuíto, da calidade musical de destacados artistas do panorama galego e nacional como Dakidarría, J.Dose, Sondarrúa, Skandalo Gz, Kaixo ou R. Brothers, entre outros.

Obradoiros: A asociación compostelá Vella Escola volverá a Verín un ano máis para traernos os seus talleres e exhibicións durante os dous días de festival. Ademais, os cativos e cativas da Ludoteca de Verín gozarán dun taller de graffiti da man do artista Javi Ozono.

- Actividades paralelas: O sábado, 31 de agosto, durante todo o día, a atención centrarase no “Skate Park” de Verín, no que se celebrará a “Xuntanza BMX & Scooter” e a degustación de estrugas.

 

 

PROGRAMACIÓN:

 

Venres, 30 de agosto

Praia Fluvial do Río Támega en Verín.

 

  • 10.30 - 14.30 Obradoiro de graffiti para a Ludoteca de Verin.
  • 16.30  Obradoiro de slackline, pinta gorras.
  • 17.30  Regueifa

 

Actuacións musicais

  • 21.15 Boli
  • 21.45 Aris
  • 22.30  La Pena
  • 23.00  O Pirata
  • 23.40  Son da Rúa
  • 00.45  Kaixo

 

Sábado, 31 de agosto

Skate Park de Verín (entre R/ Canella Cega y R/ San Antón)

 

  • 11.00 – 12.30  Adestramentos Scooter
  • 12.30  -  14.00  Adestramentos BMX
  • 16.00 – 18.15  Xuntanza Scooter
  • 17.30  Obradoiro de Rap pola Asociación Vella Escola
  • 18.45 – 21.15  Xuntanza BMX

 

  • 21.30  Degustación estrugas
  • 22.45 – 23.15 Final Regueifa

 

Actuacións musicais

  • 23.15 – 00.20  Sara Lugo ft. Revolutionary Brothers
  • 00.30 – 01.45  Dakidarría
  • 02.00 – 03.00  J. Dose
  • 03.15 – 04.15  Skandalo Gz
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>