Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A obra “Curva España” terá dous pases en Verín
A obra “Curva España” terá dous pases en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Setembro 2019 11:29

Debido á gran demanda de entradas que está a experimentar a función da obra “Curva España” programada para o sábado 28 de setembro en Verín, a produtora Chévere e o Concello de Verín  programarán un novo pase para o domingo 29 do mesmo mes.

As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal de Verín o propio día dos pases. Ambos funcións terán lugar no Auditorio Municipal de Verín, sendo a do sábado 28, ás 21:00 horas, e o domingo 29, ás 19:00 horas.

Curva España

A estraña morte do enxeñeiro España, principal valedor de que o tren pasase por Verín, foi a orixe dunha lenda local que se transmitiu oralmente entre os veciños da comarca nos últimos 100 anos e que acusaba aos caciques da zona de simular un accidente de coche para asasinalo e preservar así os seus escuros intereses económicos.

“Curva España” trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, a compañía Chévere artella unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>