Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Xunta Local de Seguridade do Concello de Verín acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista
A Xunta Local de Seguridade do Concello de Verín acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Setembro 2019 11:46

O Concello de Verín acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se asinou o Protocolo-Acordo de Coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de Verín na Protección de Vítimas de Violencia de Xénero, así como os Acordos Técnicos de Colaboración e Coordinación da Garda Civil e Policía Local de Verín.

Este acordo supón un paso adiante na loita contra esta lacra, non só no Concello de Verín, senón en toda a provincia de Ourense. Dende a Delegación do Goberno en Galicia e dende a Subdelegación do Goberno provincial valórase moi positivamente a sensibilidade cara esta problemátic1a que veñen demostrando os concellos participantes  e estase a traballar para acadar a máxima participación das forzas de seguridade locais, en sintonía co indicado no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través das Xuntas Locais de Seguridade. De feito, durante o mes de setembro na provincia de Ourense a Xunta Local de Barbadás e a Xunta Local de Xinzo de Limia adoptaron decisións semellantes.

Cando se formalice o convenio de adhesión ao Protocolo Viogen, os axentes da policía local de Verín poderán colaborar coa Garda Civil de xeito máis eficaz e directo, o cal beneficiará en último caso ás mulleres que nestes intres sofren algunha ameaza de violencia machista neste Concello. Os datos aportados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense indican que na actualidade en Verín hai activos 36 casos deste tipo no sistema Viogen.

O obxectivo principal que se pretende acadar con estes acordos é a optimización dos recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade existentes nos municipios para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten.

Ademais desta decisión, a Xunta Local de Seguridade aprobou a constitución da Mesa de Coordinación Policial na mesma materia. Este órgano de cooperación servirá para mellorar a colaboración entre as forzas de seguridade presentes no Concello e incidirá nunha mellora dos operativos de protección e seguimento.

A reunión de hoxe no Concello levouse a cabo baixo a presidencia compartida do Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e do Alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, acompañados pola Xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias Gil; o Xefe Territorial da Consellería de Presidencia, Manuel Pardo Cid; o xefe do Posto da Garda Civil de Verín; responsables da Policía Local; e outros representantes do Concello

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>