Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín foi un dos protagonistas no XI encontro de casas rexionais e provinciais de Sevilla
Verín foi un dos protagonistas no XI encontro de casas rexionais e provinciais de Sevilla PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Outubro 2019 12:19

Esta fin de semana Verín foi un dos protagonistas, da man do Lar Gallego de Sevilla, na  XI edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais, organizado polo Ayuntamiento de Sevilla, que este 2019 homenaxeou á Casa de Cantabria.


O presidente do Lar Gallego de Sevilla, Alfredo Otero, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, fixeron de anfitrións para recibir na caseta da casa rexional galega ao resto de presidentes das distintas casas rexionais e diferentes autoridades.

Esta edición a caseta do Lar Gallego vestiuse con imaxes de Verín; e entre verinesas,  cigarróns e gaiteiros foron os encargados de compartir con todos os visitantes os produtos típicos da terra. Queixos, empanada galega, augas mineiro medicinais… acompañados dun gran viño grazas á D.O. Monterrei que quixo estar presente esta fin de semana en Sevilla cos seus mellores caldos.

O venres 11 de outubro tivo lugar a inauguración no Salón Colón do Concello hispalense, que contou co pregón de José Antonio Fernández  Cabrero, Irmán Maior da Irmandade da Macarena onde asistiron Presidentes das diferentes Casas Rexionais e Provinciais e distintas autoridades. Durante todda a fin de semana, o son das chocas de máis de medio centenar de Cigarróns e as melodías da Banda de Gaitas do  Concello de Verín encheron as rúas do centro da cidade.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>