Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín amplía a equipación deportiva do parque biosaludable de Cabreiroá
O Concello de Verín amplía a equipación deportiva do parque biosaludable de Cabreiroá PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Outubro 2019 13:34

O Concello de Verín acaba de culminar as obras de acondicionamento do parque biosaludable situado na zona de A Braña de Cabreiroá. Cun investimento total de 19.641,50 euros, este proxecto foi cofinanciado nun 47% (9.231,51 euros) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través dos fondos feader, tramitados a través do GDR 9 Monteval, do *programa de desenvolvemento rural de Galicia, dentro do pdr de Galicia 2014-2020.

Devandita actuación  consistiu  na  adquisición e instalación de equipamento deportivo para a realización de  Street Workout. Este novo equipo multibarra está formado por barras americanas triplas,  miniparalelas,  monkey  bars,  corda de rube, argolas, e conta con pavimento de grava miúda que asegura a  amortiguación das caídas.

O obxecto desta ampliación do equipamento é cubrir as necesidades e  espectativas de todos os usuarios da zona biosaludable, desde os máis pequenos aos máis maiores, pasando polos mozos máis activos e deportistas, contribuíndo así a crear un espazo deportivo de lecer e esparecemento máis completo e confortable, tendo en conta, ademais, o ámbito natural no que se atopa.

No parque biosaudable xa existía unha extensa área recreativa, moi concorrida, dotada de bancos e mesas de madeira, un parque infantil, un circuíto de equipamentos biosaudables para persoas maiores e un circuíto formado por equipamentos deportivos de madeira e aceiro, enfocado a persoas con boa condición física.

*SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 (APOIO PARA A REALIZACIÓN DE OPERACIÓNS CONFORME Á ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL) da MEDIDA LEADER  cofinanciadas nun 75% con fondos FEADER do programa de Desenvolvemento rural de Galicia, dentro do PDR de Galicia 2014-2020.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>