Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín recupera a actividade na lonxa agropecuaria cun acto que reúne aos mellores sumilleres europeos
O Concello de Verín recupera a actividade na lonxa agropecuaria cun acto que reúne aos mellores sumilleres europeos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Outubro 2019 11:12

O Concello de Verín recupera a actividade na lonxa agropecuaria cun evento de primeiro nivel. O vindeiro venres 18 de outubro, a vila do Támega acolle o Primeiro Congreso Bioceánico-Hispano de Gastronomía (Enbhiga), encontro destinado a cociñeiros e a profesionais dos sectores do turismo e do xornalismo gastronómico e turístico.

Despois de tres exitosas convocatorias realizadas en diferentes países de América Latina,  Enbhiga trasládase por primeira vez a Europa e farao a través da provincia de Ourense.

Trátase dun encontro internacional de gastronomía que naceu fai catro anos en Arxentina e que se celebrará por primeira vez en Europa, percorrendo durante 5 días a provincia de Ourense entre o 15 e o 19 de outubro da man de máis de 70 chefs, operadores turísticos e xornalistas especializados de 15 países do mundo. O encontro terá partida e final en Madrid (en atención á importante cantidade de invitados internacionais) e percorrerá preto de 1.000 km pola provincia galega.

Con este itinerario, bautizado como O Roteiro do Noroeste,  Enbhiga pretende mostrar comarcas pouco coñecidas, así como oficios e produtos tradicionais e poñer de manifesto o enorme potencial de Ourense como destino para un turismo gastronómico  desestacionalizado.

Nesta cuarta edición de  Enbhiga participan expertos chegados dunha ducia de países (Arxentina, Chile, Perú, Costa Rica, Estados Unidos, Italia, Reino Unido…) así como unha nutrida delegación española.

O roteiro percorrerá comarcas como as de Valdeorras, Ribeira Sacra, Terras de  Trives, O Ribeiro ou Terras de Verín, visitando adegas, escolas de hostalería, obradoiros de pequenos artesáns alimentarios e coñecendo de primeira man o traballo dos cociñeiros que actualmente se esforzan por converter a Ourense nunha potencia gastronómica, cos compoñentes da asociación  Cociña Ourense á fronte.

 Enbhiga Ourense: O Roteiro do Noroeste conta co patrocinio da Deputación de Ourense, Inorde (turismo de Ourense), concellos como os de Verín, Ribadavia, Castro Caldelas ou Pereiro de Aguiar, as D.O Ribeiro e Monterrei, así como dalgunhas das marcas alimentarias máis destacadas da provincia. Igualmente, conta coa colaboración de Estrela Galicia, cervexa oficial do evento, e  Cabreiroá, auga oficial de Enbhiga Ourense: O Roteiro do Noroeste.

As persoas interesadas en participar neste evento poden escribir ao seguinte mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>