Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín parada oficial da III Volta Solidaria a España polas Enfermedades Raras
Verín parada oficial da III Volta Solidaria a España polas Enfermedades Raras PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Outubro 2019 14:01

Esta mañá, o concelleiro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Eugenio Quintas e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza,  recibiron no Complexo Deportivo de A Granxa a Marcos Bajo deportista con discapacidade visual debido a unha Enfermidade Rara, cofundador da Asociación “Muévete por los que no pueden”, artífice da III Volta Solidaria a España.


Eugenio Quintas quixo agredecer a Bajo o “titánico esforzo” realizado pola Asociación “Muévete por los que no puedes” á hora de visibilizar a problemática das Enfermidades Raras e destacou a «importancia que teñen este tipo de accións para concienciar á poboación sobre os problemas aos que se enfrontan a diario as persoas que conviven con estas enfermidades pouco frecuentes».

Devandita iniciativa nace para dar a coñecer as enfermidades raras (ER), animar ás persoas con discapacidade a practicar deporte saudable, eliminar as barreiras sociais e achegar á poboación a realidade dos pacientes e familiares de  ER. Tamén pretende recadar fondos para a continuidade das investigacións.

O reto consiste nun percorrido por media España en modalidade dúatlon (a diario, unha maratón a pé e un media maratón en bicicleta) en 35 días. O roteiro iniciarase en Bilbao o 7 de Outubro, tras dúas etapas prologo polos arredores da capital  Bilbaína e acabará en Barcelona o 10 de novembro 2019.

Bajo, nesta III Volta Solidaria, unirá 5 centros de investigación en Enfermidades  Raras,  os  cales  foron    bolseiros  en 2018 ou  2019  pola  Asociación que preside, con estas visitas pretenden visibilizar a situación actual da Investigación en España.

Marcos Bajo é un deportista  amateur que ten  retinosis  pigmentaria, enfermidade que lle produce unha deficiencia visual cunha visión central de só 5 graos.

Xunto a Marcos irá o seu equipo de apoio, formado por Minerva González e Gregorio Jiménez, os cales lle darán soporte, nutricional e loxístico na totalidade do percorrido e Roberto Calderón que se unirá en tramos puntuais, equipo formado integramente por persoas con algunha discapacidade, con patoloxías tales como, cegueira por desprendemento de retina, afeccións cardíacas,   retinosis  pigmentaria e síndrome de Mèniére.

Pero como sempre comentan, o seu mellor premio en calquera carreira é poder axudar a outros compañeiros con outras discapacidades ou poder dar a coñecer as  ER.

III VOLTA SOLIDARIA A ESPAÑA ( PERCORRIDO ):

https:// mueveteporlosquenopueden.org/recorrido/

Para máis información e entrevistas: Marcos Bajo Lea: 659983920

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>