Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín impulsa os recursos da vila a través da iniciativa “Vive o Camiño”
Verín impulsa os recursos da vila a través da iniciativa “Vive o Camiño” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Outubro 2019 11:08

Verín sumase o vindeiro sábado 26 de outubro a iniciativa, “Vive o Camiño”, promovida pola Xunta de Galicia para a promoción do Camiño de Santiago cara o Xacobeo 2021.

O programa “Vive o Camiño” é un conxunto de actividades enfocadas ás poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago que busca dar a coñecer as singularidades patrimoniais e gastronómicas de cada zona; neste caso a Vía da prata.  Consiste nunha serie de actos de promocionais, para todos os públicos, que contará con actividades variadas, dende sendeirismo ata degustacións gastronómicas.


A primeira das actividades programadas será unha andaina polo río Támega. A mesma partirá ás 10: horas dende a Praza do Concello de Verín e contará co acompañamento dun guía oficial e un experto en patrimonio natural. (Duración estimada, dúas horas).

Por outra banda, a sala multiusos do Auditorio de Verín acollerá, ás 16:30 horas dous obradoiros: “Memorias de Prata” destinado a un público adulto, “Xogando coa natureza”, para os máis cativos.

Para finalizar a xornada, terá lugar no hall do Auditorio, ás 17:30 horas, a actividade “Catar o camiño”.

Todas as actividades serán gratuítas pero será necesario realizar unha inscrición previa dende o luns dia 21 ate o venres día 25, en horario de 09:30 a 13,30 horas, no teléfono 722 876 073.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>