Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre prazo para o Obradoiro do Cigarrón 2019-2020
O Concello de Verín abre prazo para o Obradoiro do Cigarrón 2019-2020 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Outubro 2019 12:07

O Concello de Verín abre, até o día 30 de outubro incluído, o prazo de solicitudes para participar no Obradoiro do Cigarrón 2019 – 2020. Pechado o devandito prazo, ordenaranse as solicitudes aplicándolle dous criterios de preferencia: priorizaránse as que se fixeron para todas as actividades, fronte ás solicitudes de formación parcial, e, de seguido, a orde de entrada da solicitude.


Para que se fai

O Concello de Verín organiza desde o ano 1997 o Obradoiro de Cigarrón. Con esta iniciativa pretende que a máscara máis antiga e con máis significado patrimonial do Entroido verinense se manteña dentro duns canons de respecto polas formas tradicionais. Para iso, no Obradoiro ensinase a facer todos os elementos do cigarrón, salvo o pintado da careta e os compoñentes de produción industrial. O Obradoiro do Cigarrón serve tamén para transmitirlle aos participantes o calzado que harmoniza co traxe, que tipo de chocallos e cantos se deben levar, ou como vestir a máscara e utilizala en público.

Coñecementos previos necesarios

As persoas interesadas poden facer a máscara completa ou partes (traxe, careta), para o que terán que levar todos os materiais e instrumentos necesarios. No caso de que queiran facer o traxe, é indispensable ter coñecementos de confección con máquina e levala, de calceta e de ganchillado.

Calendario e horarios

As actividades formativas comezarán en novembro na Casa da Xuventude. As persoas que queren facer a máscara completa deberán ter libres as tardes dos luns e dos martes, das 16 ás 19:30 h. No caso de facer só a careta, os luns. Para facer só o traxe, os martes. No suposto de haber demanda para crear dous grupos, o segundo grupo tería as actividades de traxe os mércores e as de careta o xoves.

 

Prezo

Para participar en todas as actividades, a cota de inscrición é de 95 €. Se só se quere facer o traxe ou a careta, 75 €. Como o obxectivo é facer máscaras completas, acéptase que dúas persoas da mesma familia (consanguínea ou política, até 4º grao incluído) participen complementariamente, facendo unha o traxe e outra a careta, e  paguen 95 € de matricula entre ambas as dúas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>