Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín remata as accións de limpeza e conservación do río Támega no seu tramo urbano
O Concello de Verín remata as accións de limpeza e conservación do río Támega no seu tramo urbano PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Outubro 2019 12:53

O Concello de Verín  vén de rematar as accións de limpeza do tramo urbano do leito do río Támega ao seu paso pola vila, concretamente na zonas situadas entre a ponte de Verín (zona do Olivar) e Pazos.

As actuacións realizadas tiveron por obxecto levar a cabo as medidas de protección necesarias no leito do río Támega para a súa conservación e mantemento, coa finalidade de previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo ao longo do tramo urbano do río Támega, ao se paso por Verín.

Os traballos realizáronse en dous tramos diferentes. Por una parte, realizouse a limpeza de vexetación que invade o leito e o posterior  colocación de gravas na paraxe do Olivar. Por outra, a limpeza de vexetación que invade o leito na paraxe da Noria, Ponte de Melo e Área recreativa de Pazos.

Esta actuación executouse tras recibir a pertinente autorización por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galiza onde confirman que devandita acción «non causa prexuízo a integridade do espazo, non afecta de xeito significativo a hábitats prioritarios ou a núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación ou elementos da paisaxe que revistan unha importancia fundamental para os compoñentes da biodiversidade.»

«É unha actuación preventiva máis das que vimos realizando, previa autorización de Xunta de Galicia, en zonas onde a acumulación de grava,  broza e sucidade converten certas zonas do  leito do río Támega en puntos de perigo de inundación», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>