Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 50 curtas de case unha vintena de nacionalidades, seleccionadas para o concurso oficial da IV edición do FIC Vía XIV de Verín
Máis de 50 curtas de case unha vintena de nacionalidades, seleccionadas para o concurso oficial da IV edición do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Outubro 2019 12:24

Os responsables do Festival Internacional de Curtas de Verín pechan nestes días os últimos flecos da selección oficial do certame que, de momento, conta con máis de 50 pezas seleccionadas de case unha vintena de nacionalidades diferentes. As curtas serán exhibidas no marco de catro categorías diferenciadas, ao igual que outros anos: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. Establécese un premio en cadansúa categoría de 750 euros, e outro adicional do público, cunha contía de 600 euros.

Por primeira vez este ano, tal e como salienta Carlos Montero, director do certame, fixouse unha cota de inscrición de dous euros por curta para “establecer un filtro de calidade que posibilitara un cribado inicial das pezas recibidas”. Isto fixo descender o número de curtas recibidas e seleccionadas a concurso con respecto ao ano pasado (que foi de 68), pero fará “aumentar aínda máis, se cabe, a súa calidade”, precisou Montero.

Como cada ano, ademais, os responsables do Festival Internacional de Curtas de Verín programan unha serie de actividades paralelas arredor do cinema para involucrar a todos os verinenses no desenvolvemento do certame. Entre as actividades xa confirmadas, destaca unha retrospectiva de cinema sahariano no ciclo As dúas caras do Sáhara occidental e outra de curtas feitas en Cuba, así coma unha homenaxe á traxectoria da actriz Mabel Rivera.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>