Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O premiado adegueiro José Luis Mateo cede unha peza singular para o Museo do Claustro Mercedario de Verín
O premiado adegueiro José Luis Mateo cede unha peza singular para o Museo do Claustro Mercedario de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Outubro 2019 10:41

O adegueiro de Verín José Luis Mateo, un dos máis premiados da DO Monterrei, ven de materializar a cesión dun pipote carreteiro ao Museo do Claustro Mercedario, para a súa exposición no contexto da cultura enolóxica da comarca. “Temos que contar entre todos a historia do noso viño”, sinalou o cedatario, que  oficializou onte o trámite co alcalde, Gerardo Seoane.

A peza,  un barril cun deseño especial para ser transportado nun carro, ten un significado especial na comarca de Monterrei, cuxa producción se destiñaba nunha porcentaxe importante á venda tras o seu transporte. Os pipotes de carro mantiñan un deseño especial para poder ser cargados e desplazados habitualmente polos camiños, e esta peza provén da familia deste productor de Verín.

O veciño que cede a peza, José Luis Mateo, de adegas Quinta da Muradella, afirmou que “temos que contar entre todos a historia do noso viño”, porque “facer cultura do viño e aportar un elemento esencial para diferenciar o noso territorio”.

Mateo exhortou a todos a facer o mesmo, “porque todos temos pezas singulares que son dignas de contar unha historia especial sobre o noso pasado, e esa é a millor aportación que lle podemos facer á comarca de Monterrei”.

Relato para as xeracións futuras

Pola súa banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, agradeceu a cesión de José Luis Mateo, de quen destacou que “é un exemplo para toda a nosa comarca, tanto na súa excelencia profesional como personal”. Seoane destacou a importancia de “facer emerxer” este tipo de pezas que contan “dun xeito personal e intransferible a nosa historia”, e que contribúen “a construir un relato da nosa identidade e da nosa historia que quede para o futuro”.

Dende a súa apertura hai tres anos, o Museo do Claustro Mercedario ten abordado a difusión e interpretación da identidade da comarca de Monterrei, con especial atención á cultura do viño. Dende a súa primeira exposición, “Dionisos, 2000 anos de viño en Monterrei”, ata a actualidade, o museo foi desenvolvendo contidos relativos o cultivo, as características organolépticas do caldos de Monterrei, ou mesmo os seus destilados.

Recentemente, a Cidade da Cultura de Galicia solicitou o traslado da interpretación do conxunto escultórico “Dionisos e Ampelos” ao monte Gaiás, para a súa exposición na mostra “Galicia, un diálogo co mundo”, que albergará con motivo do Xacobeo 2021.

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>