Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín inaugura este sábado un ciclo de conferencias sobre o viño na Idade Media que percorrerá toda Galicia
Verín inaugura este sábado un ciclo de conferencias sobre o viño na Idade Media que percorrerá toda Galicia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Outubro 2019 10:38

Este sábado 26 de outubro, ás 20:00 horas, o Museo do Claustro Mercedario acollerá o inicio do ciclo de conferencias "Do Viño de Galicia 2019" do Museo do Viño de Galicia, en colaboración coa D.O Monterrei. Terá como título "O viño de Monterrei na Idade Media", que estará impartida polo profesor titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, José Miguel Andrade Cernadas.

Este profesor dará a coñecer documentación medieval, especialmente procedente do Tumbo de Celanova,  que permite analizar século a século as referencias ao viño entre os séculos XI ata o XV. Para elo, utilizará a Colección de Beatriz Vaquero, paleógrafa da Universidade de Vigo, que ten glosados estes documentos.

Concretamente, as referencias aluden a aspectos tan interesantes da comarca como os preitos de San Rosendo por terras das localidades de Ábedes e Vilaza, e outros que, século a século, constatan o despegue expoñencial da viticultura en Monterrei dende o século XIV.

Monterrei inaugura así esta actividade do Museo do Viño de Galicia, que comeza por Verín e que se desenvolverá nas cinco DO galegas, durante os próximos dous meses, para analizar as características dos nosos caldos no medievo, unha época de esplendor para a viticultura de Galicia. A entrada será libre.

Museo do Viño de Galicia

O papel do viño na repoboación da Galicia interior tras a invasión musulmá, ou as exportacións cara Europa polos portos das Rías Baixas foron cruciais no pasado para conformar a Galicia actual. Estes e moitos outros aspectos clave para entender a configuración do pobo e da economía  galega nos territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas serán o obxecto de  “Do viño de Galicia 2019”, organizado polo Museo do Viño de Galicia durante os próximos tres meses.

Este ambicioso ciclo de conferencias, primeira actividade do Museo do Viño de Galicia en colaboración coas cinco denominacións de  orixe galegas, estará impartido por profesores, doutores e expertos universitarios. Desenvolverase nos cinco grandes territorios vinícolas galegos, e centrarase nesta ocasión no viño galego durante a idade media.

O ciclo continuará percorrendo todas as denominacións de orixe de Galicia, dende o Museo da Ciencia do Viño, en Salvaterra, ata a Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro.






 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>