Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os seres escuros do espectáculo “Errantes” de Troula Animación percorrerán as rúas de Verín no Samaín
Os seres escuros do espectáculo “Errantes” de Troula Animación percorrerán as rúas de Verín no Samaín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Outubro 2019 11:48

Esta mañá, Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos presentou a programación da quinta edición da “Noite de Medo”, que terá lugar o 31 de outubro para celebrar o Samaín en Verín. Este ano, o prato forte será a posta en escena do espectáculo "Errantes", que  a compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das  23:00 horas. Os máis pequenos tamén  poderán gozar  na  Praza García  Barbón, a partir dás 18:00 horas, de  terroríficos obradoiros temáticos.

O espectáculo “Errantes” é un pasarrúas que conta con instrumentos de percusión,  zancudos,  tragafuegos e varios terroríficos personaxes caracterizados que realizarán danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o percorrido:

«En noites de lúa nova Verín vólvese escura... orcos, trolls, alimañas... seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévanos a facer unha peregrinaxe transportando no seu carro  a maior das súas demencias: O ORLOC. Coidado!! Non os mires directamente ós ollos, xa que podes quedar atrapado nunha ETERNA VIDA ERRANTE!».

Obradoiros infantís

Por outra banda, tamén haberá un espazo reservado para os máis pequenos. A partir das 18:00 horas, realizaranse na Praza García  Barbón varios  obradoiros temáticos nos que os menores realizarán chapas, actividades de globoflexia, caracterización e maquillaxe especial Samaín, así como  moitos outros divertidos xogos.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>