Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un particular dona ao Museo Claustro Mercedario de Verín os derradeiros raís que se conservan do tranvía de Cabreiroá.
Un particular dona ao Museo Claustro Mercedario de Verín os derradeiros raís que se conservan do tranvía de Cabreiroá. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Outubro 2019 09:55

Un veciño de Verín, Eloi Domínguez, cuxa familia mantiña en propiedade os derradeiros raís do tranvía de Cabreiroá que se conservan, ven de formalizar a súa doazón no Museo Claustro Mercedario, para o seu aproveitamento histórico na vila. O Concello instalaraos na súa localización orixinal, para lembrar aquela infraestrutura que unía cun tranvía de tracción animal a vila de Verín co balneario de Cabreiroá.

A doazón formalizouse onte, no Museo Claustro Mercedario, o cal recibirá a peza e elaborará un traballo interpretativo sobre a mesma. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, agradeceu encarecidamente a doazón de Eloi Domínguez nun “exemplo de xenerosidade para o seu pobo, que contribuirá a divulgar a historia de todos, para coñecer mellor o noso pasado”. O rexedor de Verín aproveitou para animar a todas as veciñas e veciños que consideren que teñen obxectos ou documentos de interese histórico a que os doen ou cedan para o pobo, e que así “levantemos entre todos un proxecto común  baseado na nosa identidade”.

Pola súa banda, o cedatario, Eloi Domínguez, agradeceu tamén ao Concello a oportunidade de contribuír a conservar o noso pasado, sinalando que esa foi a súa intención ao rescatar do esquecemento esta infraestrutura que formaba parte do seu patrimonio familiar, utilizado nunha estrutura dunha dependencia anexa da súa vivenda. Trátase de dous tramos de cinco metros de longo cada un.

O modelo de Vichy.

O  tranvía de Cabreiroá reproducía o modelo termal de Vichy, que triunfaba entre a burguesía europea, como expoñente de vila de descanso, curación e entretemento da sociedade, todo en nun mesmo espazo de lecer. Aínda que as propiedades das augas de Cabreiroá eran coñecidas  pola moderna medicina da época dende finais do século XIX, foi  en 1907 cando o banqueiro e filántropo verinés José Manuel García Barbón iniciou a construción dun balneario ao máis exquisito gusto europeo.

Para isto recorreu ao arquitecto de moda, o ourensán Gulías, tamén autor do balneario de A Toxa,  que construíu un luxoso hotel cun entorno privilexiado, xusto ao carón das surxencias que un  ano antes foran declaradas de utilidade pública, tras as analíticas favorables realizadas polo Charing Cross Hospital e polo propio Santiago Ramón e Cajal, o que sería Premio Nobel de Mecidina.

O tranvía era esencial para os auguistas que acudían á vila buscando gozar dos paseos e das diversións do Casino, e tamén para descansar no hotel balneario cando chegaban dende as múltiples capitais das que viñan en procura de desconexión. O tranvía, que era de tracción animal, quedou inmortalizado en numerosas instantáneas da época.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>