Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A peste favoreceu a expansión do viñedo na galicia medieval
A peste favoreceu a expansión do viñedo na galicia medieval PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 27 Outubro 2019 12:17

A historia está chea de grandes oportunidades, que ás veces chegan dacabalo das grandes desgracias. Así se puxo de relevancia na primeira xornada de “Do Viño 2019”, organizada polo Museo do Viño de Galicia e a Denominación de Orixe Monterrei sobre “O viño en Monterrei na Idade Media”, celebrada na tarde do sábado no Museo do Claustro Mercedario de Verín.


Alí, de máns do profesor de Historia Medieval da USC, José Miguel Andrade, quedou constatado como a devastación poboacional causada polas grandes epidemias de peste bubónica que asolaron Galicia, remataron por favorecer enormemente a expasión do viñedo, ata entón superado por outros cultivos, como o das mazás de sidra. Estas explosións epidémicas causaron a morte de entre un cuarto e a metade da poboación en toda Europa.

Tras esta traxedia, como consta na numerosa documentación medieval examinada, procedente na súa maioria do Tumbo do mosteiro de San Salvador de Celanova (un cartulario onde os monxes apartaban a documentación relevante) moitos territorios de cultivo quedaron ermos.

Os propietarios dos terreos, normalmente os grandes mosteiros como o de Celanova no caso de Monterrei, comezaron a esixir nos novos contratos de aforamento a prantación de bacelos, como condición para autorizar o uso da terra. A uva comezou así a superar e sustituir á maza, que si quedou como predominante no territorio asturiano.

Así, dende o século XVI os documentos constatan un notable incremento da superficie adicada ao viñedo en toda Galicia, de resultas en última instancia á gran despoboación provocada pola peste, do mesmo xeito que a devastación provocada polos bombardeos da segunda guerra mundial promoveron a renovación urbanística en cidades coma Bristol ou Dresde.

Alfonso X e San Rosendo

No caso de Monterrei, o gran protagonista da historia da  documentación sobre este territorio entre os anos 950 e 1450 é Rosendo Gutiérrez, abade de Celanova que pasaría á historia como San Rosendo e propietario e cedatario ao mosteiro de gran parte dos actuais terreos que ocupa a DO Monterrei.

Tamén tivo importancia o papel dun monarca, Alfonso X o Sabio, que confirmou a  colonización e poboación da acrópole do actual Monterrei para contrapoñer, precisamente, o seu poder ao dos monxes de Celanova.

A primeira mención documental medieval ao viñedo en Monterrei provén dunha donación á orde de San Rosendo dun matrimonio dunha viña nun lugar “qui dicitur olimbriga”, é dicir a actual Oimbra. Outra mención especial é na Carta Pobla de Verín, de 1183, onde ordenaba disposicións legais sobre o viñedo.

O ciclo “Do Viño 2019” está organizado polo Museo do Viño de Galicia, en colaboración  coas cinco DO de Galicia, e se desenvolverá durante os próximos dous meses en cada unha delas.

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>