Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Posposta a Feira de Outono debido á previsión de mal tempo
Posposta a Feira de Outono debido á previsión de mal tempo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Outubro 2019 14:29

O  Concello de Verín pospón a Feira de Outono programada para os días 9 e 10 de novembro debido á previsión de inclemencias meteorolóxicas. O evento se  trasladará ao 7 e 8  de decembro, unificándoo coa Feira de Nadal.

Manuel Lorenzo, concelleiro de transportes,  Feiras e Hostalería explicou que «a máis que probable previsión de fortes chuvieiros, unido á proximidade da Feira de Nadal foron os factores determinantes para decidir este cambio de datas». Doutra banda, Lorenzo anunciou tamén que hoxe se abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal.


Feira de Nadal

Os vindeiros 7 e 8 de decembro, terá lugar en Verín a quinta edición da Feira de Nadal na Praza do Concello, centrada na temática natalicia. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa).

As persoas interesadas en montar un stand na feira deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.

Descarga aquí a folla de inscrición


Condicións de participación na feira do nadal 2019 (7 e 8 de decembro.)

 

?          Horario da feira: 11.00 – 14.30 e de  16.00 – 20.00

?          Ubicación: Praza do Concello de Verín

?          Cuota de participación: 30 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria:  ES30-0182-0618-46 - 0010025874 (BBVA))

?          As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 22 de novembro de 2019

?          A Folla de Inscrición  e os xustificantes bancarios ou recibís en efectivo entregaránse por un dos seguintes medios:

a) Na Pranta Baixa do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n)

b) Por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

c) Por fax: 988 41 19 00

d) Por Sede Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal

 

?          A  temática desta feira é navideña, polo cal os participantes deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.

?          A organización resérvase o dereito a non incluir as inscricións que non cumpran coa temática desta feira

?          E importante que os expositores amosen e se comprometan con  produtos ambientados na temática navideña. Elaborando cestas navideñas e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal. Posibilidade de complementar o produto  con produtos típicos nesta época. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands.

?          Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por orden de entrada e temática. Por eso é importante realizar a inscrición e pagamento o antes posible

?          Os participantes traerán os seus tableiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos

?          Permitese a degustación de produto navideño.

?          A decoración navideña do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor.

?          Importante manter a limpeza dentro do stand tal cual se entrega o primeiro día

?          A carga e descarga de mercancía realizaráse dun xeito organizado, sen interrumpir a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc...Mantendo libre os vados e aparcamentos. Realizándoo antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira.

?          Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e da sua calidade e serán obrigados a indemnizar a calquer comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

?          A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxetos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

?          A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamiento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

?          É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público.

?          O/A participante non pode ceder a calquer título, oneroso ou gratuito, o seu dereito de ocupación do espazo.

?          O participante comprométese a participar durante os dous días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados.

?          Calquer incidencia ou suxerencia será posta en coñecemento da organización antes e durante a feira.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>