Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Extraordinario Urxente: 31 de outubro 2019
Pleno Extraordinario Urxente: 31 de outubro 2019 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Outubro 2019 14:36

 O salón de plenos do Concello de Verín acolleu hoxe, 31 de outubro, unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:

 1.RATIFICACIÓN DA URXENCIA DA CONVOCATORIA

2. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA

21.10.2019

3. Expediente 3812/2019. APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO 2017

4. Expediente 4239/2019. Modificación de Crédito

5. Expediente 4479/2019. Modificación de Crédito

No referente a ratificación da urxencia da convocatoria, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicou que  a  urxencia da  sesión débese a  que  hai  que  facer  unha modificación   de   crédito   que   precisa  15   días  hábiles   de   exposición   pública;   «se contamos desde  mañá temos o  tempo   xusto  para   poder   executar o  orzamento».


Pola súa banda, o voceiro da oposición, Juan Manuel Jiménez Morán, manifestou a súa desconformidade expondo que  a  urxencia non  é  tal e que, ademais o pleno convocouse con menos de 24 horas de  antelación. Jiménez manifestou que con este proceder estase faltando  o respecto á  oposición e que por este motivo, os concelleiros do grupo popular abandonan o pleno.

Diego Lourenzo, desmentiu ditas acusacións asegurando que a convocatoria realizouse cunha anticipación de 24 horas e aseverou que como voceiro do goberno, e en nome  dos 13 concelleiros  que  o forman,  e que  supón o 75 % da  representación  do Pleno, parécelle «unha  falta de respeto o abandono do grupo  popular». Seguidamente  o presidente somete a  urxencia a  votación,  sendo aprobada por  13 votos a favor (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG).

Acto seguido o pleno someteu a votación a aprobación da sesión extraordinaria de data 21.10.2019, así como a aprobación da conta xeral do orzamento 2017, ambos os puntos aprobados por unanimidade.

En canto os puntos referentes as modificacións de crédito, tamén aprobados por unanimidade, o voceiro municipal,  Diego Lourenzo explicou que veñen derivados da redacción do Plan Económico Financeiro 2019-2020, concretamente da obriga do Concello de Verín de adoptar as medidas necesarias para reconducir a situación económica actual e cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria nos exercicios 2019-2020.

Entre as medidas contempladas neste PEF encóntranse -entre outras-, a amortización no ano 2019 da débeda financeira formalizada co Fondo para a Financiamento dos Pagos a Provedores (FFPP) do ano 2012: De aquí a modificación con Expediente 4479/2019 por valor de 711.324,80 euros que corresponde, a alza, a un préstamo adquirido co Banco Sabadell e, a baixa, con distintas partidas do orzamento do ano 2019 non executadas.

Outras das medidas contempladas no PEF é a formalización dun crédito da lexislatura do ano 2019 co fin de financiar parte dos gastos correntes devengados no ano 2018 e que entran a formar parte da conta 413 (Acredores por operacións pendentes de aplicar o presuposto). Derivada de esta medida, realízase a modificación de crédito con expediente 4239/2019 por valor de 531.945,51 euros, que contempla algunhas pequenas modificacións procedentes de gastos financiados directamente por subvencións, así como todos os pagos pendentes de aplicacións procedentes dos anos 2017 e anteriores (35.664,89 euros), os producidos en xaneiro de 2019 que non se atopaban contemplados na fase ADO (224.665,87 euros), e os pagos pendentes de aplicación producidos dende xaneiro (62.112,60 euros). Tamén se inclúen nesta modificación os gastos derivados de sentenza xudicial tras terse presentado demanda por parte de algúns provedores municipais

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>