Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario de Verín obsequiará cun agasallo ao seu visitante número 25.000.
O Museo Claustro Mercedario de Verín obsequiará cun agasallo ao seu visitante número 25.000. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Novembro 2019 10:52

O Museo Claustro Mercedario de Verín está a organizar un evento especial para conmemorar a chegada aos seus primeiros 25.000 visitantes. Esta semana superou a franxa dos 24.700, unha cifra que puxo en alerta aos responsables deste centro para levar a cabo os preparatorios necesarios para dita celebración.


Seguindo coa afluencia de xente habitual nestas datas, está previsto que nas vindeiras semanas se acade a esperada cifra. Dende xa mesmo estará todo preparado para que o visitante número 25.000 sexa sorprendido polo alcalde da vila para un pequeno acto conmemorativo.

Dito visitante recibirá, de parte do Concello de Verín, un lote de obsequios que incluirán: material patrimonial divulgativo, un vale dunha cena para dous con produtos propios da comarca nun establecemento da vila de libre elección e máis un bono para acceder ás proxeccións que se realizarán no Festival Internacional de Cine Vía XIV.

O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, expresou a súa alegría “por ver como brotan aquelas sementes que se plantaron vai menos de 3 anos.” Proba desto son as diversas iniciativas de particulares que estes días negocian co Concello de Verín a cesión dalgunhas pezas de interese público para o pobo e que proximamente pasarán a formar parte da colección do Museo.

O Museo Claustro Mercedario nacía no ano 2017 coa intención de servir de soporte para crear unha identidade comarcal sólida. A día de hoxe, grazas á súa oferta divulgadora, converteuse nun enclave cultural referente no sur de Ourense. A través dunha visión diferente, didáctica e coidada, ao máis mínimo detalle, coas técnicas de interpretación patrimonial máis modernas, o museo ofrece materiais sobre o primeiro contacto cos habitantes da comarca, a historia do viño e do contrabando do café. Ademais, tamén ten oco para exposicións temporais adicadas á concienciación e interpretación da natureza así como para numerosas actividades celebradas ao longo do ano buscando dinamizar a actividade cultural e patrimonial e loitando por crear esa identidade común tan necesaria na comarca.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>