Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario acolle un dos actos principais das “Jornadas de Sostenibilidad del Camino de Santiago en la Vía de la Plata”.
O Museo Claustro Mercedario acolle un dos actos principais das “Jornadas de Sostenibilidad del Camino de Santiago en la Vía de la Plata”. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Novembro 2019 10:43

O Museo Claustro Mercedario de Verín acolle, o vindeiro mércores, 13 de novembro, un dos actos principais das “Jornadas de Sostenibilidad del Camino de Santiago en la  Vía de la Plata”.  Dito proxecto busca dar a coñecer as oportunidades da cooperación e comercialización para fomentar a promoción do produto turístico da Vía da Prata, todo dende unha perspectiva sostible e combinando patrimonio, natureza, enoloxía e gastronomía.



Ao evento acudirán unha ducia de axencias de viaxes especializadas no Camiño de Santiago e procedentes de España, Portugal, Reino Unido e Irlanda, que entre os días 13 e 15 de novembro, percorrerán diversas localidades ourensás polas que discorre a citada Vía.

 Na súa parada por Verín, os asistentes poderán gozar dunha visita guiada polo Museo Claustro Mercedario seguida dunha mesa de reflexión sobre a sustentación da Vía da Prata. Neste acto debateranse temas como a revitalización destas zonas, os proxectos de conservación medioambiental e os distintos produtos turísticos que ofrecen e que a converten nunha experiencia única. Tras o coloquio, os asistentes poderán degustar produtos locais e viños da Denominación de Orixe Monterrei.

 O programa completo desta actividade é o seguinte:

19.30 horas: Visita guiada ao Museo Claustro Mercedario de Verín. “A Estela do Guerreiro de Castrelo do Val e a orixe da Vía da Prata”. Da man de Luís Cid Congil, comisario da mostra “Primeiros Contactos de Monterrei co Mediterráneo”.


20.00 horas: Mesa de reflexión sobre “la sostenibilidad de la Vía de la Plata”. Trataranse os seguintes temas:

- A Revitalización da Vía da Prata. Por José Luis Rodríguez Cid, presidente da Asociación Amigos da Vía da Prata – Camiño Mozárabe.

- Produtos Turísticos sostibles vinculados ao Camiño. Por Hugo Teixeira Francisco, co-founder & Managing Partner de Portugal Green Travel.

- A singularización da experiencia na Vía da Plata. Por Caroline Díaz. Personal travel manager. Walk the Camino.

- Proxectos de Conservación Medioambiental no Camiño. Por Bruno de Llano Gómez-Ulla. Especialista en Xestión local e autonómica de Ecoembes. Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.

*A moderadora no debate será Emma González. Directora adxunta de Expourense e directora de Comunicación da Orde do Camiño de Santiago.

21.15 horas. Degustación de produtos locais con viños de Monterrei.

A xornada é de libre acceso pero prégase previa confirmación de asistencia a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . A organización informa de que partirá un transporte colectivo dende a cidade de Ourense ás 18.15 horas (Parque de San Lázaro, C/ Curros Enriquez – xunto á Subdelegación de Goberno). A hora prevista de volta é ao redor das 22.30  horas.

O evento está organizado por Expourense dentro do programa “O Teu Xacobeo”, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>