Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Comeza en Verín o Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego de mulleres con discapacidade
Comeza en Verín o Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego de mulleres con discapacidade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Novembro 2019 10:29

Dezaseis mulleres con discapacidade da comarca de Verín participan desde finais de setembro no Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego. Este Programa xorde da colaboración entre o  Concello de Verín,  a Obra social La  Caixa e a Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE) e ten como obxectivo fomentar o empoderamento e conseguir a integración sociolaboral das mulleres con discapacidade.

Durante os próximos meses levaranse a cabo na sede de Servizos Sociais situada na Casa da  Xuventude do Concello de Verín diferentes accións grupais e individuais: talleres grupais de empoderamento, habilidades prelaborais, alfabetización tecnolóxica e deseñarase para cada unha das participantes un itinerario personalizado de inserción. COGAMI, como entidade colaboradora en Galicia do “Programa Incorpora” de La Caixa apoiará as accións de procura de emprego e fomento de contratación das mulleres con discapacidade que inician o programa.

Así mesmo, levaranse a cabo diversas accións de formación e sensibilización en colexios da zona co obxectivo de achegar a problemática da muller e a discapacidade ao alumnado da zona de Verín.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>