Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín cede un local á Asociación Española contra o Cancro para realizar os seus labores sociais na vila
O Concello de Verín cede un local á Asociación Española contra o Cancro para realizar os seus labores sociais na vila PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Novembro 2019 11:40

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e a presidenta da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense, María  Isidora Gómez Segade, asinaron hoxe o acordo de colaboración que permitirá á devandita asociación ter unha sede local en Verín para cumprir de maneira  máis efectiva os seus fins sociais na vila.  O acto da firma tivo lugar a Sala de Xuntas do  Concello de Verín.



A nova oficina da AECC estará situada na Praza García  Barbón, concretamente na Antiga Praza de Abastos, e  o seu horario de atención será  de luns a venres, fóra dos martes.

Segundo declarou o alcalde de Verín «este acordo contribúe a que esta entidade sen ánimo de lucro poida ofrecer os seus servizos na vila dunha maneira moito máis próxima, prestando un apoio  importantísimo ás persoas que padecen ou padeceron esta enfermidade e aos seus familiares».

Gómez Segade, tras agradecer o apoio prestado polo Concello de Verín, destacou «o gran logro que supón ter presenza neste  concello xa que é unha das localidades da provincia máis poboadas e que contan cun Hospital Público no que se presta tratamento oncolóxico».

Pola súa banda, a técnico responsable da nova oficina local, Kelly Pereira, explicou que o obxectivo da apertura desta nova oficina é informar, apoiar e orientar ás ás persoas afectadas pola enfermidade, así como aos seus familiares, durante todo o proceso dunha maneira máis próxima. Ofreceranse os seguintes servizos, todos eles de carácter gratuíto:

- Achegar as campañas de prevención e información que levan a cabo desde a AECC. 

- Realizar charlas informativas, coa intención de cubrir a necesidade de información, dúbidas e novidades que poidan xurdir sobre a enfermidade e todo o que esta implica; así como talleres, actividades recreativas e grupos de apoio a pacientes.

- Informar e orientar a través do servizo de atención social, que  inclúe:  axudas económicas préstamos de material  ortoprotésico, orientación e información sobre prestacións económicas e sociais, información e tramitación de pisos de acollida gratuítos para pacientes e familiares desprazados dos seus domicilio habitual por recibir tratamento, etc... 

- Voluntariado de acompañamento en tratamentos e xestión de citas a domicilios.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>