Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As II Xornadas Micolóxicas “Rocos, turtullos e cacabinas” de Verín estarán dedicadas á seguridade na recolección das setas
As II Xornadas Micolóxicas “Rocos, turtullos e cacabinas” de Verín estarán dedicadas á seguridade na recolección das setas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Novembro 2019 11:42

Verín acollerá a vindeira fin de semana do 23 e 24 de novembro as II Xornadas Micolóxicas ”Rocos, turtullos e cacabinas”, con sesións teóricas, saída de campo e show cooking especial sobre delicias das setas.  Haberá unha exposición micolóxica o domingo, no Museo do Claustro da Mercede, e contará cun apartado especial sobre confusións alimentarias entre tipos de fungos.


As xornadas celebraranse o sábado e o domingo no Museo do Claustro Mercedario. Arrincarán o sábado ás 10:00 coas sesións teóricas impartidas polo enxeñeiro e experto en micoloxía Rafael  Castro Vaamonde, que estarán seguidas pola saída ao campo. Durante estas clases prácticas, desenvolverase a recollida de exemplares

Pola tarde as sesións continuarán coa clasificación no claustro das especies e exemplares recollidos, e ás 20:00 trasladarase ó restaurante O Regueiro da Cova, onde a recoñecida cociñeira Begoña Vázquez realizará un show cooking sobre delicias micolóxicas. A continuación, haberá unha cea de confraternización.

O domingo terá lugar no Museo do Claustro Mercedario unha exposición micolóxica, na que se disporá un apartado especial sobre identificación de especies  parecidas que poidan entrañar riscos alimentarios.

As xornadas “Rocos, Turtullos e Cacabinas” naceron como unha actividade para canalizar a ampla afección que polas setas existe de antano no Val de  Monterrei, unha voz con acento propio que recoñeza as singularidades incluso terminolóxicas que existe na nomenclatura dos fungos na comarca.

O prezo da asistencia será de 10 euros, e a inscrición poderase facer no Museo do Claustro Mercedario (a partir do mércores, inclusive) e no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Neste caso, o abono farase na primeira sesión teórica.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>