Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías”
“O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías” PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Novembro 2019 11:43

Esta mañá, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) estivo presente en Verín para realizar a actividade “O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías” un conxunto de visitas guiadas nas que asistentes poderán visitar os fermosos edificios e espazos construidos por estes dous visionarios.

Devandita iniciativa aterrou en Verín gracias a Bruno Rúa, membro fundador de APATRIGAL, quen ademáis de ser o redactor do texto oficial do evento e creador e guía do itinerario das vistas, foi o responsable de que esta importante cita -que se ía a celebrar en Ourense-, escollera Verín como escenario. A presentación oficial da xornada tivo lugar en Cabreiroá, e correu a cargo do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e do presidente de APATRIGAL, Carlos Fernández Coto.

Cabe destacar tamén á xenerosa colaboración dos propietarios e de Cabreiroá, así como o apoio do Concello de Verín, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG-Ourense) e do Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías.

Cando se xuntan os soños e o talento, podemos construír auténticas obras de arte: García Barbón e Vázquez Gulías eran dous soñadores aos que lles sobraba talento para transformar unha aldea herdeira de fidalgos rentistas e feirantes contrabandistas en paraíso balneario con Vichy como espello.

Verín conservaba -e conserva- un urbanismo arcaico e exemplar (o romano) pero medraba sen orde nin concerto, como moitas vilas galegas. Ata que chegou un indiano soñador, Xosé García Barbón, que regresou ao seu berce con vontade decidida de transformala.

O primeiro que fixo García Barbón foi empedrar as lamagueiras cos vellos perpiaños do Colexio dos Xesuítas de Monterrei, pero logo plantou miles de árbores por toda a vila, así como en todas as estradas de acceso. Esta humanización e naturalización non foi casual: o grande soño de García Barbón era converter Verín nun paraíso de paz arredor dos balnearios existentes (Sousas, Caldeliñas, Fontenova). Pero o gran soño foi a construción dun Gran Balneario que marcara a diferenza: Cabreiroá.

Para o que chamou a un gran arquitecto da época: Daniel Vázquez-Gulías, ao que non lle encomendou unicamente un edificio, senón un concepto, unha visión global. Vázquez-Gulías encargouse de todo: a #Arquitectura do Gran Hotel, o Quiosco das Augas, a Fábrica de Embotellado, as Cocheiras para autobuses e tranvía, o deseño interior, os mobles...

O interiorismo foi especialmente coidado, con vidreiras, mobles Art Decó, salóns modernistas, fermosísimas escaleiras, pero tamén o #Paisaxismo arredor do hotel, creando un Xardín Botánico singular, que aínda existe. Finalmente, o tranvía de tracción animal, unha modernidade inédita na Galicia daquel tempo, deulle sentido á ilusionante humanización da vila balnearia. Co proxecto rematado e co prestixio dun artista no máis alto, o capital verinés tamén quixo participar do prestixio, e o gran Vázquez-Gulías desenvolveu outros seis proxectos arquitectónicos, como o Palacete Modernista da Praza Maior, o Cine Principal, o Casino, a Vila Peláez e a Casa García Barbón, ademais dun fermoso panteón no camposanto.

Infelizmente, a ranciedade da sociedade -que non estaba preparada para o Modernismo e ArtNouveau, pero tamén a envexa dos rentistas fixeron que García Barbón fuxira para Vigo co seu soño inconcluso, deixando en Verín unha herdanza digna de ser analizada e desfrutada.

Non o podes perder. As prazas son limitadas

Reserva a túa praza en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo canto antes.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>