Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca presenta o libro “D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán”
A Biblioteca presenta o libro “D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Novembro 2019 11:45

O vindeiro venres 22 de novembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca de Verín acolle a presentación do libro “D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán” da autora Lorena Carnero Pérez, rapaza voluntaria de devanditas instalacións municipais dende os trece anos.


O presente libro,  editado pola propia Biblioteca Municipal, contén o conxunto de separatas que publicou D. Xesús Taboada Chivite en multitude de revistas especializadas na etnografía e a arqueoloxía, pero que foi completado cunha biografía intimista que lévanos a coñecer ao noso escritor dun xeito máis próximo, todo elo relacionado coa correspondencia que este mantivo cos seu coetáneos ao longo da súa vida.

O acto de presentación contará coa presenza do Dtor. do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar;  así como do alcalde de Verín, Gerardo Seoane e da concelleira de Cultura, Emilia Somoza. Como apertura proxectarase unha filmación inédita na que D. Xaquín Lorenzo (Xocas) fala do seu amigo, e compañeiro en multitude de publicacións, D. Xesús Taboada Chivite. Este vídeo foi realizado por D. Xerardo Dasairas nunha entrevista realizada no despacho de Xaquín Lorenzo na década dos oitenta.

Segundo destacan desde a Biblioteca Municipal, “É para nós un verdadeiro orgullo a culminaciónra desta obra por varios motivos. Por unha banda, por primeira vez se consegue a unificación da obra de D. Xesús Taboada, máis dun cento de artigos publicados en distintas revistas profesionais e, por outra banda, é unha obra realizada co todo o agarimo e rigorosidade que o noso arqueólogo, etnógrafo e mestre merece e que estivo baixo o maxisterio dos grandes da Xeración NÓS, e que tanto contribuíu ao Seminario de Estudios Galegos e a cultura galega.»

Así mesmo, esta obra ven a solucionar o problema de que toda estas publicacións non residían nun único espazo, senón que estaban espalladas en multitude de arquivos e museos.

O libro ven avalado co limiar do Presidente da Real Academia Galega, D. Víctor F. Freixanes e o Director do Museo do Pobo Galego, D. Manuel Vilar.

Lorena Carnero Pérez. (Verín, 1995.)

Estudou Dereito e Administración e Dirección de Empresas en A Coruña. Tamén participou en distintos proxectos: Jóvenes estudiantes en Europa do programa Comenius, convivindo durante unha tempada coa cultura danesa e italiana; ou no voluntariado Conecta Joven para a alfabetización dixital de persoas adultas e, nunha segunda edición, na orientación segura de Internet para adolescentes.

Desde os trece anos participa activamente no proxecto de voluntariado cultural para o fomento da lectura da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Considerando esta iniciativa coma «un claro  exemplo de que se poden facer grandes cousas -aínda dende lugares pequenos- cando hai colaboración, iniciativa, ganas, creatividade e motivación; mais tamén moito esforzo, constancia e implicación.».






 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>