Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cinema marabillas para cativos e cativas no FIC Vía XIV de Verín
Cinema marabillas para cativos e cativas no FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Novembro 2019 14:23

“Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve para achegar a maxia do cinema aos cativos e cativas de Verín e comarca. Como cada ano, escolares de diversos centros educativos da zona achegaranse ata o recinto do auditorio da vila para desfrutar dunha axenda de actividades deseñada especificamente para eles “con agarimo e co obxecto de que poidan gozar dela todos xuntos”, sinala o director do certame, Carlos Montero.

Nesta edición, o fío temático da actividade proposta, que se desenvolverá durante as mañás dos días 2, 3 e 4 de decembro, ligará o cine coa literatura infantil e xuvenil. Así, no marco do Festival programaranse algunhas das “primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e libros clásicos”, abunda Montero.

Historias que poden ser contadas de distintos xeitos

O obxectivo é facer ver aos máis pequenos que as diferentes historias que coñecen poden contarse de diversos xeitos.  Ao fío desta actividade, non faltarán a aventura, o misterio, a tenrura, os risos, a maxia, a fantasía e sobre todo moita imaxinación porque, como sinala o director do FIC Vía XIV, “a literatura ten sido e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine”.

Os protagonistas da actividade son personaxes ben coñecidas para todos os nenos e nenas, que teñen centrado algunhas das máis belas historias narradas no cine: Alicía no País das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz. Son todos eles cativos que reflexionan sobre o mundo no que viven. “Son fortes, sensatos e pensan por si mesmos. Reflicten as etapas evolutivas dos espectadores máis cativos e poden axudar a formar o seu pensamento crítico”, engade Montero.

Os cativos e cativas que participen na iniciativa poderán desfrutar tamén dunha mostra de curtas, aptas para todas as idades, seleccionadas pola organización do FIC Vía XIV.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>