Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Luces, cámara, acción… En marcha a cuarta edición do FIC Vía XIV de Verín!
Luces, cámara, acción… En marcha a cuarta edición do FIC Vía XIV de Verín! PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 30 Novembro 2019 00:00

A IV edición do Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV deu comezo esta tarde no auditorio municipal da vila. No acto inaugural, a coordinadora do certame e concelleira de Cultura, Emilia Somoza, sinalou que o festival “logo de catro edicións, está xa consolidado na axenda cultural de Verín”. “Din que calquera iniciativa se consolida logo do seu terceiro ano de vida. Polo tanto, con esta cuarta convocatoria do noso certame, que hoxe arrinca, podemos dicir o FIC Vía XIV xa o está”, asegurou.


A concelleira realizou tamén un chamamento á participación de todos os verinenses no Festival, convidándoos a acudir a visionar as curtas programadas no marco do concurso oficial e a tomar parte “na completa axenda de actividades paralelas” deseñada ao abeiro do certame.

Xunto a isto, Somoza fixo fincapé na calidade das curtas escollidas cada ano para participar nas diversas categorías do certame, moitas das cales –segundo abondou- teñen gañado logo do seu paso por Verín numerosos premios en foros de renome de toda a xeografía mundial.

Cambio no sistema de voto

Dende hoxe mesmo e ata o vindeiro venres programaranse as 52 curtas seleccionadas no marco da competición oficial, dentro das categorías Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. E ademais exhibiranse outras 20 curtas no marco das actividades paralelas, entre elas unha selección de curtas representativas da cinematografía cubana actual, pezas producidas no Sahara Occidental e tamén unha escolma de filmes nos que ten participado a actriz ferrolá, Mabel Rivera, que este ano será homenaxeada no FIC Vía XIV. Xunto a isto, poderán verse en Verín as curtas gañadoras no último Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz, RIR.

Ao final da semana, as mellores curtas de cada categoría serán premiadas por un xurado que estará composto por catro mulleres: Raquel Anido, Neves Rodríguez, Nora Sola e Claudia Expósito. Xunto a isto, entregarase o Premio da Crítica (Camira), o 

Premio Numax e tamén o Premio do Público. Este último será elixido polos espectadores, que puntuarán de 0 a 10 todos os filmes nun novidoso sistema de votación que pondera o voto. 

Patrocinadores

A cuarta edición deste FIC Vía XIV é posible grazas ao apoio de entidades como o Concello de Verín, a Asociación Cultural Vía XIV, a Deputación Provincial de Ourense, a Fundación Dentalnova, a Axencia Galega das Industrias Culturais, Gadis, a D.O. Monterrei, o Centro Comercial Urbano de Verín, a Asociación de Empresarios de Verín, CIG, Carlín, C.D.R. Portas Abertas e Sousas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>